A ANPA celebra a súa festa de Nadal o vindeiro martes 20 de decembro

A ANPA celebra a súa festa de Nadal o vindeiro martes 20 de decembro 

 

A ANPA do CEIPP San Benito de Lérez celebrará unha gran festa de Nadal o vindeiro martes 20 de decembro. A celebración prolongarase dende as 17.30 ás 20.30 horas e contará con xogos musicais, zona de mini glitter, obradoiros de globoflexia e chapas navideñas. Un gran programa de actividades lúdicas que espertará a ilusión polo Nadal dos pequen@s e servirá coma encontro de despedida antes das vacacións. 

 

Haberá unha rica chocolatada quentiña con churros para merendar. Estades tod@ convidados!

 

Para as familias socias da Anpa o evento será gratuito, mentres que as familias non socias deberán abonar 3 euros. 

 

Lembrámosvos que para participar en calqueira actividade organizada pola ANPA debedes ter pagado o seguro colectivo anual de accidentes, a menos que teñades un seguro privado que vos cubra ou salvo escrito de renuncia expresa. Podedes consultar máis información no seguinte enlace.

 

Agardámosvos! Non vos perdades esta gran festa!

 

Deixámosvos o cartaz informativo. 

 

Cartaz Festa de Nadal da ANPA