Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

RESERVA DE PRAZA PARA O ALUMNADO DE 6º ED. PRIMARIA NO IES OTERO PEDRAYO

Á ATENCIÓN DAS NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS DO ALUMNADO

DE SEXTO CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA


De acordo co establecido na Orde do 18 de decembro pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:

1. Aos efectos da continuidade de estudos do actual alumnado de sexto curso que promocione á etapa de educación secundaria obrigatoria, este Centro está adscrito ao IES Ramón Otero Pedrayo.

2. A circunstancia de estar este Centro adscrito ao citado IES supón que o noso alumnado terá prioridade para a admisión. Isto non quere dicir que obteñan praza. Deben consultar as listaxes de admitidos que se publicarán con data límite do 28 de febreiro.

3. As familias que no vindeiro curso 2021-2022 desexen que os seus fillos cursen estudos no referido instituto deberán presentar no noso Centro, entre os días 11 de xaneiro e 8 de febreiro, o modelo de solicitude debidamente cuberto que se xunta a este escrito (anexo I da Orde do 12 de marzo de 2013). O alumnado deberá entregar as solicitudes debidamente cumprimentadas, ao titor/a.

                   Se vostedes o prefiren, tamén poden realizar a reserva directamente na aplicación admisionalumnado, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

4.O alumnado de 6º curso deste Centro que, de acordo co dito anteriormente, non faga no prazo establecido a reserva de praza para o citado instituto, ou resulte NON admitido, deberá participar no proceso xeral de admisión como se fose alumnado novo, debendo presentar cumprimentando no IES da súa preferencia, do 1 ao 20 de marzo, o documento que se publica como anexo II da citada Orde do 12 de marzo.

5. A reserva no IES adscrito ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión.   A presentación da solicitude noutro centro dará lugar a perda de prioridade.

6. O alumnado deberá formalizar a matrícula no IES entre o 25 de xuño e o 10 de xullo. 

 

Para mais información poden consultar o seguinte enlace:

 http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849

 

Un saúdo, 

O Equipo Directivo.

AdxuntoTamaño
ED550A-G_2021_2022.pdf1.33 MB


page | by Dr. Radut