Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

FOLTA DO SECTOR DO TRANSPORTE - SERVIZOS MÍNIMOS

FOLGA DO SECTOR DO TRANSPORTE -SERVIZOS MÍNIMOS

Estimadas familias:

remítolles información publicada no DOG de hoxe, en relación aos servizos mínimos establecidos...

Artigo único. Servizos mínimos

Durante a folga convocada pola Confederación Intersindical Galega (CIG), a Confederación Sindical Unión Xeneral de Traballadoras e Traballadores de España (UXT) e pola Confederación Sindical de Comisións Obreiras (CCOO) no sector do transporte de viaxeiros en autobús por estrada na Comunidade Autónoma de Galicia para o día 31 de marzo, terán a consideración de servizos mínimos os seguintes:

1. Servizos públicos de transporte regular de uso xeral: os servizos que se relacionan no anexo II desta orde e que se refiren ao ámbito dos contratos relacionados no anexo I.

2. Servizos de transporte público regular de uso especial-escolares: os servizos de entrada aos centros desde as 7.30 ata ás 10.30 horas, e os de saída desde as 13.30 ata ás 19.00 horas, nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio cuxa lonxitude total sexa superior a 4 quilómetros.

3. Servizos regulares de uso especial para o transporte de traballadores: todos os servizos nas expedicións anteriores ás 9.00 horas e posteriores ás 18.00 horas.

4. Servizos de transporte público regular de uso especial de usuarios de centros socioasistenciais para a atención diúrna de persoas maiores en situación de dependencia ou grave risco de padecela e centros de atención a persoas con discapacidade: os servizos de entrada aos centros desde as 8.00 horas ata as 11.30 horas, e os de saída, desde as 17.00 horas ata as 20.00 horas, así como os traslados dos centros de atención a persoas con discapacidade de Sarria e Redondela, con saídas programadas desde os centros ás 10.45 horas e 16.30 horas, respectivamente.

As empresas de transporte darán a máxima difusión dos servizos concretos que resulten afectados por esta orde ás persoas usuarias a través daqueles medios que permitan o seu coñecemento e, en todo caso, nos propios vehículos, con antelación ao inicio e durante a folga.

Adxúntase documento publicado no DOG.

A Dirección

AdxuntoTamaño
FOLGA TRANSPORTE 31-3-23. SERVIZOS MÍNMOS. DOG 30-3-23.pdf1.27 MB


story | by Dr. Radut