Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INICIO DE ADMISIÓN ÁS PROBAS DE ACCESO A 1º GRAO ELEMENTAL NO CMUS Coruña (Conservatorio)

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Vai abrirse o prazo para as probas de acceso a 1ºgrao elemental ao CMUS Profesional da Coruña (Conservatorio) que abrangue desde o 25 de abril ao 12 de maio, tendo toda a información na propia páxina web do CMUS http://www.cmusprofesionalcoruna.es
 
 
 
A estas probas de acceso podería presentarse os nados a partir do ano 2014 e non avalían coñecementos musicais senón aptitudes. Neste enlace atopamos os contidos e normas das probas de acceso http://www.cmusprofesionalcoruna.es/accesos/contidos-e-normas-das-probas-de-acceso/
 
O CMUS Coruña tamén conta cun Proxecto para alumnado con NEE cunha proba de acceso con especificacións e unha organización das ensinanzas adaptada. A información aparece en http://www.cmusprofesionalcoruna.es/o-centro/alumnado-con-nee/
 
Ademais, desde o CMUS sempre organizan unas xornadas de portas abertas á que habería que anotarse no prazo do 4 ao 18 de abril. No seguinte enlace estaría a información http://www.cmusprofesionalcoruna.es/wp-content/uploads/2022/03/XORNADAS-PORTAS-ABERTAS-1.pdf
 
Saúdos.


story | by Dr. Radut