Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Secretaría

ABERTOS PRAZOS CAMPAMENTOS XUNTA E CONCELLO. DATAS DE INSCRICIÓN.

Envíase información das aperturas de  prazos dos campamentos de verán (oficiais) da Consellería e do Concello por se considerades oportuno informar ás familias.

O pasado 18 de maio de 2022 abriuse o prazo de solicitudes para a Campaña Acción de Verán 2022 (Campamentos organizados pola Consellería de Política Social) , rematando dito prazo este xoves 26 de maio de 2022. 
Toda a información sobre esta Campaña pode consultarse no seguinte enlace: http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
 
Tamén desde este luns, 23 de maio comeza o proceso de Preinscrición dlagúns dos Campamentos organizados desde o Concello de A Coruña , rematando este proceso o vindeiro 25 de maio de 2022.
Toda a información atópase neste enlace: https://www.coruna.gal/web/es/actualidad/agenda/campamentos-de-verano-2022?argIdioma=es

Unha aperta Juan Ignacio Castro Rivas
Xefatura Departamento de Orientación
CEIP Ramón de la Sagra

PROTOCOLO COVID - 19. VERSIÓN 20-5-22

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2021-2022

VERSIÓN 20/5/2022

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/37051

AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL PARA O CURSO 2022/2023

 

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H), DOG 18/5/2022.

 

Prazo de presentación de solicitudes: dende hoxe ata o 22 de xuño de 2022.

 Adxúntase anexos

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/23. LISTAXES DEFINITIVAS

PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/23.

LISTAXES DEFINITIVAS

A Coruña, a 13 de maio de 2022

 

Estimadas familias:

procédese á comunicación da publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o curso 2022-2023.

 

* TOD@S @S SOLICITANTES  QUE SOLICITARON EN PRAZO TEÑEN PRAZA.

 
Estas listaxes pódense consultar no taboleiro interior do centro ou telematicamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital.

As solicitudes presentadas fora de prazo serán resoltas pola comisión de escolarización pertinente segundo a normativa vixente.


O prazo de formalización de matrícula será do 20 ó 30 de xuño. Se finalizado este prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

 

A dirección.

 

 

AVISO DÍA NON LECTIVO

Estimadas familias:
dado o elevado número de consultas que se fai por este motivo, se lles comunica que en virtude da lexislación vixente, aprobado polo claustro e consello escolar e coa autorización da Xefatura Territorial de Educación de A Coruña, o luns 16 de maio de 2022 non haberá clases, porque será un día non lectivo
O que se lles comunica a todos os efectos oportunos.
Grazas. Un saúdo
A Dirección

Pd. Envióuse un mensaxe abalar móbil por este motivo o xoves,  día 5/5/2022

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/23. LISTAXES PROVISIONAIS

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022/23. LISTAXES PROVISIONAIS

A Coruña, a 25 de abril de 2022

Estimadas familias:

 

procédese á comunicación da publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos para o curso 2022-2023.

* TOD@S @S SOLICITANTES  QUE SOLICITARON EN PRAZO TEÑEN PRAZA.


Estas listaxes pódense consultar no taboleiro interior do centro ou telematicamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a chave 365 ou certificado dixital.

O prazo de reclamacións ás listaxes estará aberto desde mañá día 26 de abril ata o 2 de maio inclusive de 2022 en horario das 9:30h ás 11:00h e das 12:30h ás 13:15h, na administración do centro .

As reclamacións posibles resolveranse coa publicación das listaxes definitivas antes do 15 de maio. A súa publicación comunicarase a través da web do centro.


O prazo de formalización de matrícula será do 20 ó 30 de xuño. Se finalizado este prazo non se formalizara a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

A dirección.

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia

Directrices sobre o uso das máscaras no ámbito educativo na Comunidade Autónoma de Galicia

 

Estimadas familias:

No enlace seguinte ou no documento adxunto teñen as devanditas directrices enviadas pola Xunta de Galicia.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/36790

 

Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la COVID-19.

Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la COVID-19.

Ver documento adxunto

INICIO DE ADMISIÓN ÁS PROBAS DE ACCESO A 1º GRAO ELEMENTAL NO CMUS Coruña (Conservatorio)

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS

Vai abrirse o prazo para as probas de acceso a 1ºgrao elemental ao CMUS Profesional da Coruña (Conservatorio) que abrangue desde o 25 de abril ao 12 de maio, tendo toda a información na propia páxina web do CMUS http://www.cmusprofesionalcoruna.es
 
 
 
A estas probas de acceso podería presentarse os nados a partir do ano 2014 e non avalían coñecementos musicais senón aptitudes. Neste enlace atopamos os contidos e normas das probas de acceso http://www.cmusprofesionalcoruna.es/accesos/contidos-e-normas-das-probas-de-acceso/
 
O CMUS Coruña tamén conta cun Proxecto para alumnado con NEE cunha proba de acceso con especificacións e unha organización das ensinanzas adaptada. A información aparece en http://www.cmusprofesionalcoruna.es/o-centro/alumnado-con-nee/
 
Ademais, desde o CMUS sempre organizan unas xornadas de portas abertas á que habería que anotarse no prazo do 4 ao 18 de abril. No seguinte enlace estaría a información http://www.cmusprofesionalcoruna.es/wp-content/uploads/2022/03/XORNADAS-PORTAS-ABERTAS-1.pdf
 
Saúdos.

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a nova estratexia e control covid-19 no ámbito educativo - 1/4/2022

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a nova estratexia e control covid-19 no ámbito educativo - 1/4/2022

No documento adxunto teñen a devandita información

Ligazón: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36634

 

Saúdos.

Distribuir contido


by Dr. Radut