Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

NOVAS TAREFAS

Benqueridas familias:

Desexamos que todas e todos sigades ben.

Publicamos as tarefas desta semana xunto coa proposta do Equipo de Dinamización da Lingua Galega que atoparedes si pinchades aquí, xa que o vindeiro domingo 17 de maio celébrase o Día das Letras Galegas.

Un saúdo agarimoso.

 

 

REAPERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2020/2021

Segundo o Acordo publicado no DOG do 6 de maio de 2020, sobre o restablecemento do proceso de admisión de alumnado, a Dirección do centro informa do seguinte:

  • O novo prazo de presentación de solicitudes será do 11 ao 18 de maio, ambos inclusive. As solicitudes poderán presentarse, preferentemente, de xeito telemático na aplicación"admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/) que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que queiran que se lles valore, e poidan presentala por vía electrónica a través da propia aplicación, ou de maneira presencial na secretaría do centro, en horario de 10 a 13 horas.  
  • O prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios de baremación é ata o 26 de maio. Porén, para facilitar trámites e evitar viaxes ao Centro, recoméndase achegala coa solicitude.
  • A publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido será o 8 de xuño.
  • As reclamacións ás listaxes provisionais será do 9 ao 11 de xuño na secretaría do centro en horario de 10 a 13 horas.
  • A publicación das listaxes definitivas será antes do 26 de xuño.
  • A formalización da matrícula realizarase do 1 ao 10 de xullo.

 

INFORMACIÓN A TER EN CONTA PARA ACCEDER AO COLEXIO:

Segundo as recomendacións de Sanidade para a atención ao público, deberase manter o distanciamento social de 2 metros con outras persoas. O acceso ao centro será de xeito individual e deberán seguir as indicacións que atopen no mesmo.

 

IMPORTANTE PARA TODAS AS FAMILIAS:

O centro estará aberto a partir do luns 11 só para atender as solicitudes do proceso de admisión. Para calquer outro trámite ou consulta, poderá contactar por teléfono: 981280208 ou por correo electrónico: ceip.ramon.sagra@edu.xunta.es

 

TAREFAS

Ola a todas e todos!

Desexamos que sigades todas e todos ben.

NOTA INFORMATIVA: As editoriais dos libros de texto, permiten o acceso aos mesmos en formato dixital. 

Para acceder aos libros da editorial Vicens Vives, pinchade no seguinte enlace:https://www.vicensvives.com/vvweb/view/pages/p01/load.php?id=2786&lang=es e ides ao apartado de primaria e pinchades sobre Galicia. Abre un desplegable por cursos e materias e ahí seleccionades o libro da materia que vos interesa consultar.

Para acceder aos libros da editorial Anaya necesítase un código que lles tedes que solicitar as titoras e titores.

Aquí tedes as recomendacións e tarefas para esta semana:

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

Ola familias!

Querémosvos felicitar polas estupendas actividades de educación física que estades a facer na casa e que agradecemos moito compartades con nós.

As mestras de Educación Física elaboraron este vídeo para que todos e todas o disfrutemos xuntos e celebremos o "Día da Educación Física na casa". Pinchade na imaxe para poder velo.

Gracias pola vosa colaboración e seguide facendo exercicio!

 

TAREFAS

Benqueridas familias:

Desexamos que todas e todos vos atopedes ben.

Tedes as tarefas para esta semana a continuación. E recordade, que todas as anteriores e de outras materias, aparecen na marxe dereita da páxina.

DÍA DO LIBRO

Hoxe día 23 de abril, celébrase o Día do Libro e

Cascarilla ten un agasallo para vós no seu blog.

Ide velo!

                          

                 FELIZ DÍA DO LIBRO 

CAMPAÑA DO CONCELLO: "NINGUÉN ATRÁS"

Benqueridas familias:

Informamos da campaña que promove o concello de A Coruña "Ninguén atrás", destinado a aqueles nenos e nenas que teñen dificultade de acceso a internet e ás tarefas escolares que dende o centro se propoñen.

Para acceder ao programa hai que contactar co Concello, co CMIX chamando ao teléfono:  981 184 294

 

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA

Ola nenas, nenos e familias!

O 28 de abril celébrase o "Día da Educación Física na rúa". Debido a situación na que nos atopamos non podemos participar no xeito que estaba previsto e que máis nos gustaría, polo que propoñemos a todo o alumnado, dende Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria, unha alternativa...celebrar o "I Día da Educación Física na casa". 

Animádevos, maiores e pequenos!

 

*NOTA: As actividades que podedes contemplar, poden ser algunhas das propostas por Educación Física na páxina web ou ben, outras que vós coñecedes e tedes practicado no colexio.

NOVAS TAREFAS

Benqueridas familias:

Desexamos que todas e todos vos atopedes ben.

Comeza unha nova semana e con ela, novas actividades para os vindeiros días.

As recomendacións e tarefas que foron colgadas durante todo este tempo na páxina web, podedes atopalas na parte dereita da páxina, no bloque “Recomendacións e Tarefas”. Aí están clasificadas por niveis e especialidades para que sexa máis sinxelo consultalas de novo.

TAREFAS

Benqueridas familias

Despois desta pausa de Semana Santa, volvemos con novas tarefas para os vindeiros días. 

Desta volta, súmase o equipo de Dinamización da Lingua Galega coa seguinte proposta

Recordade que ante calquera dúbida, as titoras e titores poden recibir mensaxes a través do servizo de abalarMóbil e tamén, a través do correo electrónico do centro.

Desexamos que todas e todos vos atopedes ben.  

Distribuir contido


by Dr. Radut