blogue deadmin

Lip dub sobre o Día da Paz

Estamos moi contentos de mostrarvos o "lip dub" que estivemos a preparar durante o mes de xaneiro para conmemorar o Día da Paz.Ten como fío condutor a canción "Yo contigo, tú conmigo" de Álvaro Soler e Morat, posto que esa é a mensaxe que queríamos transmitir: todo é posible traballando en equipo. Todo o centro traballou moi duro, preparando a posta en escena, realizando camisetas e ensaiando sen parar para que quedara o mellor posible. E como non podía ser de outro xeito, a biblioteca e os nosos voluntarios tamén teñen o seu papel neste vídeo.

Preparándonos para o Entroido

 

O CD Lugo visita o noso centro

Onte un dos adestradores do CD Lugo e o defensa Ignasi Miquel, xogador de clubes tan importantes como o Arsenal e o FC Barcelona visitaron o noso centro.

Pasaron un rato do máis agradable cos nosos alumnos. Tamén nos agasallaron cunha camiseta do clube firmada por todos os xogadores e convidáronnos a asistir ao partido que disputarán o vindeiro sábado contra o Nástic de Tarragona.

Dependencias da biblioteca

Dependencias da biblioteca escolar (estamos en proceso de mellora)

Temos unha nova mascota na Falconteca

Chegou Dona Leo, a nova mascota da Falconteca, para propoñernos moreas deretos e actividades coas que pasar un rato agradable dende a biblioteca.

Preparando 6º

Como outros anos tedes neste apartado un ficheiro de formato PDF, que podedes descargar no voso ordenador e despois de imprimilo facer as actividades de repaso e ampliación que trae

Visita a El Progreso

O día 6 deste mes fixemos unha visita ó diario de Lugo El Progreso. Os nosos alumnos viron as instalacións e poideron facer unha primeira páxina coa nova da nosa visita.

Aqui está a noticia tal e como se publicou no Progreso ó día seguinte.

Recomendacións para 2º Ciclo

Aparecerán moi pronto nesta sección comentarios sobre o que len os nosos alumnos.

Próxima aparición

 

Robin e a boa xente

ivan

 Iván

Onde estamos

Estamos na capital do Concello de Castro de Rei. Á entrada da vila se ves pola carretera que nos une coa nacional a Ribadeo. Ou á saida se ves desde Castro de Ribeiras de Lea

Para máis información clica aqui

Excursión ó Lugo romano

O vindeiro día 29, faremos unha excursión a Lugo para visitala Casa dos Mosaicos e o Centro de Interpretación da Muralla.