Animación á lectura

Día do libro

Hoxe é un día especial: o DÍA DO LIBRO.  

Así que propoño como tarefa ver esta CURTAMETRAXE de animación á lectura:

 

https://www.youtube.com/watch?v=dwh7Z2cRxYk&feature=youtu.be

 

Espero que vos guste. Un saúdo dende a Biblioteca.

Visita á Biblioteca Central

Como cada ano por estas datas, @s alumn@s de 1º, 3º e 5º vamos de visita á Biblioteca Central de Vigo, e como cada ano, sempre chove.

Día do Libro

Como cada ano celebramos o Día do Libro. Este curso os maiores leron contos para os máis pequenos. 

Tamén fixemos un concurso de marcalibros, participaron moit@ alumn@s.

Os gañadores do concurso:

Día da prensa

O Día da Prensa o celebramos compoñendo murais na biblioteca sobre as diferentes linguas nas que se editan periódicos: inglés, francés, chinés, etc. Tamén en galego, catalán, euskera e castelán

.

Bilblioteca

Recordamos a todo o alumnado que durante o mes de Xuño non hai biblioteca polas tardes.

Grazas

Semana da Prensa

Como culminación ó traballo da Semana da Prensa, fixemos un mural con xornais dixitais dos paises d@s nos@s alumn@s.

Día do Libro



Cada 23 de abril celebramos o Día do Libro. Este ano no cole preparamos unha exposición de traballos relacionados cos libros que fixeron @s nen@s coa axudas das súas familias. Nino está encantado. Podedes ver máis fotos na galería.

Nova Mascota

Debido á avanzada idade da nosa mascota da Biblioteca, Nino debeuse xubilar. A recordaremos sempre porque acompañounos durante 12 anos, pero o tempo pasa para todos.

Pareceunos axeitado facer un concurso entre tod@s @s alumn@s do centro resutando gañadoras as alumnas de 4º de Primaria: Irene e Iria. Aquí as vemos cos seus agasallos

Traballando en equipo fixeron a versión 2.0 de Nino:

Powered by Drupal - Design by artinet