VÍDEO. COÑECE A NOSA ESCOLA.
in
Preme na imaxe para ver o vídeo.
O CEIP Plurilingüe Ramón y Cajal, tamén coñecido como Picacho, está situado no número 8 da rúa Marqués de Valterra, no Casco Vello de Vigo.
Un centro democrático e participativo no que toda a Comunidade Educativa colabora conxuntamente na consecución de obxectivos educativos e valores.
Centro aberto á contorna, integrado no barrio, dinamizador da vida cultural do entorno no que está inmerso e recurrindo a todos os recursos que nos oferta o mesmo. O alumnado aprende a desenvolver todas as súas capacidades, as competencias básicas, non só as intelectuais, senón tamén aquelas outras que teñen que ver coas actitudes e valores tales como a educación para a paz, para o non sexismo, para a solidariedade e a cooperación, a liberdade, o sentido da xustiza individual e colectiva, o respecto e tolerancia mutuos, a igualdade de todas as persoas, os dereitos humanos o rexeitamento á violencia e o respecto polo mundo que habitamos, respectando todas as crenzas e opinións.
A nosa misión é facer do noso centro un lugar de convivencia multicultural, baseado no respecto e esforzo persoal, implicando ás familias no traballo educativo, para así lograr unha mellora contínua que repercuta na formación integral do alumnado. Queremos ser un referente de valores e integración de culturas no que destaque tanto a calidade do ensino como a calidade humana, onde a diferencia enriquezca. O colexio das nenas e nenos felices.
Etapas educativas
-
2º Ciclo Educación Infantil (3-6 anos)
-
1º Ciclo Educación Primaria (6-8 anos)
-
2º Ciclo Educación Primaria (8-10 anos)
-
3º Ciclo Educación Primaria (10-12 anos)
-
Adscrito ao centro: IES Politécnico
- Centro plurilingüe que conta con Auxiliar de Conversa (EEUU) en todos os niveis, desde Infantil a Primaria.
Datos de contacto
-
Teléfonos Secretaría: 886120063 e 886120065
-
Correo electrónico: ceip.ramon.cajal@edu.xunta.es
Horarios do centro
-
Teléfonos Secretaría: De 9:00 a 9:50 horas
-
Atención en Secretaría: luns, mércores e venres de 9:00 a 9:50 h.
-
Titorías: Martes de 17:00 a 18:00 previa cita
-
Clases: De 9:00 a 14:00
·
Servizo de comedor: De 14:00 a 16:00.
PROXECTOS DO CENTRO
- - Contratos - Programa da Xunta de Galicia:REFÓRZA-T (antes chamado PROA, clases gratuitas de reforzo fóra de horario lectivo)
- Mellora da Competencia Matemática
- Mellora da Competencia Lingüística
- Mellora do Nivel de Coñecementos para acadar a excelencia Mellora da Convivencia e Promoción da Igualdade nos centro
- INCLÚE-T (Proxecto de patios inclusivos e dinámicos)
-
Plan Proxecta da Xunta de Galicia:
- Proxecto deportivo de centro, centros activos e saudables. (DAFIS)
- Mobilidade sostible e segura.
-
- INSPIRA STEAM: Programa impartido por mulleres profesionais de ramas científicas da Universidade de Vigo, no que se impulsa o interese das nenas na ciencia e dos nenos no respecto e valoración das mulleres na ciencia. (Universidade de Vigo e Universidade de Deusto)
- - Programa de Terapia Canina "Educando con cans" (Ramalladas)
- - Programa de consumo de froitas e hortalizas na escola (FOGGA)
- - Educación Viaria : Policía Local de Vigo
- - Plan Director: Policía Nacional (prevención consumo de drogas, acoso escolar, uso responsable das redes e internet…)
- - Participantes na Reconquista Infantil "Reconquistiña" , coa colaboración do AVC Casco Vello.
- - Fundación Alcántara – Celta de Vigo: Escola de fútbol gratuita promovida pola Alcántara Family Foundation e o Celta de Vigo.
- - Semana da Ciencia.
- - Punto de recollida de tapóns solidarios da Fundación Amigos de Galicia.
- - Música, Psicomotricidade, Arts, English e Auxiliar de Conversa desde Infantil.
- - Emprego das TICs nas aulas en todos os niveis de Infantil e Primaria (iniciación á robótica, escornabois, pizarras dixitais, ordenadores, tablets…).
- - Saídas culturais ao longo do curso.
- - Saídas e colaboracións con distintas entidades do barrio: a importancia de coñecer o barrio onde vivo e onde me movo.
- - Festivais abertos ás familias, proxectos e colaboracións familia-escola, Entroido na rúa,...
Colaboracións:
- AA.VV. Casco Vello
- Coidadores de Barrio
- V.O.D.E.A. (Voluntarios De Eventos y Actividades)
- Plataforma de recuperación do parque Camilo José Cela.
EQUIPAMENTO, INSTALACIÓNS, OFERTA EDUCATIVA
- - Departamento de Orientación, especialistas de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe.
- - Ximnasio e vestiarios con auga quente nas duchas.
- - Aula de Inglés e Arts. Auxiliar Conversa. (Infantil e Primaria)
- - Aula de Música dotada de instrumentos.
- - Aula de Convivencia.
- - Biblioteca de Infantil.
- - Biblioteca de Primaria con aula de informática integrada.
- - Recursos audiovisuais en todas as aulas, pizarras dixitais e ordenadores con conexión a internet de alta velocidade. Tablets.
- - Comedor escolar xestionado pola Xunta
- - Patio cuberto.
- - Patio exclusivo para E. Infantil con tobogáns e casiñas.
- - Horta escolar.
- - Salón de actos.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (ANPA “CASCO VELLO”)
Ao principio de curso ofértanse diferentes actividades ás familias, tendo en conta as súas preferencias e necesidades para a conciliación familiar.
Servicio de madrugadores desde ás 8:00 h.
Natación no RCNV
Actividades realizadas: Taekwondo, Cociña, Guitarra, Teatro, Plastic-Dibu, Fitness- Dance, Cómic, Robótica…
Xornada festiva entre as familias no Acuapark de Cerceda en xuño
Agasallos para os socios en datas sinaladas (Nadal, Entroido,...)
Colaboracións nas diversas festividades e celebracións do colexio.
-
Contacta coa ANPA
Atención ás familias os martes e xoves de 9:00 a 09:30 h. no seu local do colexio.
Correo electrónico: anpapicacho@gmail.com
NOTA INFORMATIVA. CONSELLO ESCOLAR.
Reunido o Consello Escolar e despois de explicar todas as opinións, posicionamentos e intencións de maneira argumentada e xustificada, e sempre aludindo a razóns de organización, funcionamento, seguridade ante o momento que estamos a vivir e atendendo á calidade educativa da única escola pública do barrio, procédese á votación, sendo resultado da mesma a maioría absoluta desfavorable a proposta do Concello.
Reunido el Consello Escolar y después de explicar todas las opiniones, posicionamientos e intenciones de manera argumentada y justificada, y siempre aludiendo a razones de organización, funcionamiento, seguridad ante el momento que estamos viviendo y atendiendo a la calidad educativa de la única escuela pública del barrio, se procede a la votación, siendo resultado de la misma la mayoría absoluta desfavorable la propuesta del Concello.
ADMISIÓN DE ALUMNADO-RESERVA DE PRAZAS PARA CENTROS ADSCRITOS.
ANEXO ED550A (DESCARGAR AQUÍ).
LEXISLACIÓN:
- Orde 12 de marzo de 2013. Desenvolvemento admisión.
- Orde 18 de decembro de 2020.
ACCEDE AQUÍ A APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO.
AS SOLICITUDES DEBERÁN ENTREGARSE NA SECRETARÍA DESTE CENTRO EN HORARIO DE: LUNS, MÉRCORES OU VENRES DE 9:15 A 9:50.
MÁSCARAS PRIMARIA
A listaxe definitiva está exposta, pódese consultar no propio centro. Cando cheguen informarémosvos sobre o procedemento de recollida.
Gracias.
MÁSCARAS PARA PRIMARIA. LISTAXE PROVISIONAL.
Concedidas a todo o alumnado beneficiario das axudas de material.
Listaxe provisional exposta, pódense consultar no propio centro.
