Skip to Content

Celebracións

Día de Rosalía

Día de Rosalía de Castro

No CEIP de Pousada Carcacía estamos a celebrar o Día de Rosalía Castro. Este martes 22 de febreiro achegaronse uns contacontos,...., que faláronnos de Rosalía, leron poemas, debuxaton a Rosalía e aprendemos todas e todos a facer unha caricatura de Rosalía.

 

 

Pulsar nos debuxos para velos ampliados.

 

Galería de imaxes

Mes de Febreiro. Mes de Rosalía de Castro

Rematado o mes de febreiro rematamos tamén o mes adicado a nosa poetisa de cabeceira: Rosalía de  Castro.Neste curso a poposta do Concello de Padrón para conmemorar o día de Rosalía foi a participación nunha visita teatralizada dos Quinquilláns na Casa Museo. 

Logo na escola, exposición adicada a Rosalía, a lectura de poemas... e sempre Rosalía.

  

Día da Paz

Celebramos o Día da Paz. Moitas pombas de cores, individuais, colectivas... 

 

25-N: Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

Fronte a violencia de xénero só cabe unha resposta... e moita,moita educación. A biblioteca escolar poder ser un deses lugares privilexiados onde comezar o percorrido da igualdade e o rexeitamento da violencia de xénero.

Halloween

Sería pola exposición de cabazas do Samaín, polos contos que dan moito medo... o caso foi que apareceron na nosa biblioteca moitos seres monstruosos en Halloween... 

 

Magosto Interxeracional

Celebramos un Magosto interxeracional coa participación dos nenos e nenas, das familias (pais, nais, avós, avoas, irmáns pequenos...), da ANPA, dos voluntarios e voluntarias da Oficina do voluntariado do Concello de Padrón, da concelleira Lorena Couso e das mestras. Grandes e pequenos participamos nos xogos e degustamos postres caseiros e castañas asadas.

De novo, a posta en valor das actividades interxeracionais, dos xogos tradicionais  coa celebración dun Magosto participativo, lúdico e aberto á comunidade educativa.

Grazas pola vosa participación e colaboración!!!

 

O Xogo dos avós e das avoas

Promovidas dende a Oficina do Voluntariado do Concello de Padrón celebramos na escola as xornadas "Os xogos dos avós e das avoas" para por en valor o xogos tradicionais e promover espazos e tempos para o encontro interxeracional. 

Foi para todos e todas, grandes e cativos unhas xornadas lúdicas extraordinarias !!!

  

Distribuir contido


by Dr. Radut