Skip to Content

Recomendamos

Dragones e outros seres fantásticos

Dende a biblioteca escolar comezamos o proxecto "Dragones e outros seres fantásticos" descubrindo a Yomón en "Hijo de dragones".

Na cadeira dos contos, na hora de ler dos luns e dos xoves, agárdanos a lectura compartida deste álbum ilustrado. Non acabamos de decidir se é o relato ou as fántasticas ilustracións as que provocaron a nosa fascinación dende o primeiro momento da lectura. Este álbum precisa unha lectura lenta, reflexiva e compartida.

Tamén dende a biblioteca escolar, na reunión do comezo de curso coas familias, presentamos o proxecto deste curso (unha pequena exposición de libros). A nosa sorpresa foi comprobar que moitas familias xa estaban facendo o seguimento de "Hijo de dragones" co relato oral que os seus fillos e fillas transmitían na casa. 

 

Recomendacións de lectura "papás"

O noso alumnado agasallará aos papás cun pao de chuvia o 19 de marzo. Con motivo desta celebración tamén publicamos o boletín de recomendacións de lectura. 

 

Recomendacións de lectura no Nadal

O Nadal tempo de lecer e de lectura.

Bo Nadal!

 

O empoderamento das elefantiñas

Celebramos o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller cunha sesión de contacontos.

Na aula de Educación Infantil escoitamos, reflexionamos, propuxemos ideas... coa lectura do conto Rosa Caramelo da editorial Kalandraka. Ao tempo que avanzabamos na lectura o alumnado non era quen de comprender as situacións as que eran sometidas as elefantiñas femias no país dos elefantes.

Antes xa de chegar ao desenlace proposto no conto nenos e nenas manifestaron a súa decisión de buscar unha solución, de buscar axuda... xa que esta historia voltaba ser moi parecida a do País dos Mandóns.

Resultou moi gratificante comprobar que o conto traballado no curso pasado O país dos mandóns  no Día Internacional da muller estivese aínda  moi presente na súa memoria.

Poderá ser que o traballo que se está a facer dende as aulas deixe xa unha pegada permanente para acadar o empoderamento das elefantiñas, das nenas, das mulleres...nunha sociedade igualitaria sen ningún tipo de violencia?   

Letras Galegas 2018

Dende a biblioteca escolar facémosvos as seguintes recomendacións sobre Mª Victoria Moreno, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas deste ano. 

Distribuir contido


by Dr. Radut