Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2011

Dende 1997 celébrasePINTURA SOBRE LIBROS o día 24 de Outubro, o día das Bibliotecas Escolares

Biblioteca (do grego βιβλιοϑήκη, composto de βιβλίον, "libro", e ϑήκη "caixa, depósito"), na definición tradicional do termo, é un espazo físico no que se gardan libros. De maneira mais ampla, biblioteca é todo espazo (concreto, virtual ou híbrido) destinado a unha colección de informacións de calquera tipo, sexan escritas en papel (novelas, monografías, enciclopedias, dicionarios, manuais, etc) ou dixitalizadas e almacenadas en outros tipos de soportes físicos, tales como CD, VHS, DVD ou bases de dados informatizadas. Máis recentemente, as bibliotecas enténdense como unha extensión mais alá das paredes físicas dun edificio, coa inclusión de material accesible por medios electrónicos, e proporcionando información e axuda a través do acceso a cantidades enormes de información e coñecemento por medio dunha gran variedade de instrumentos dixitais.

Nesta semana inuguramos a Biblioteca e fixemos unha maratón de Lectura. Ver blog da Biblioteca http://bibliotecaportocabeiro.blogspot.com/



page | by Dr. Radut