ACTIVIDADE PARA AS FAMILIAS,
ANÍMATE A IR E CANTAR CON PACO NOGUEIRAS
Moi boas! Meu nome é Paco Nogueiras e compráceme convidar a todas as familias, mestres e nen@s ao espectáculo Brinca Vai! de aquí a acolá que se celebrará este domingo día 14 de novembro na Multiusos Piñeiral do Crego ás 18:30h. dentro do programa de dinamización lingüística FALAREDES que leva a cabo a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Brinca Vai! De aquí a acolá é un espectáculo baseado no libro-cd-dvd “Brinca Vai!”, editado por Kalandraka Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos.
Acompañade ao músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida “Máquina” nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións. As alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano (o magosto, o samain, o entroido, o nadal) e o respecto á nosa lingua serán parte da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.
Agardo que queirades brincar comigo este venres!
|