Skip to Content

        

Actividades

Carteles Rosalía de Castro

O mércores 23 de febreiro, todo o alumnado do centro saímos a colocar carteis realizados por todos os nenos e nenas polas tendas, cafeterías e comercios varios do noso barrio. 

Para ver algunhas fotos, fai click aquí.

VÍDEO DA PAZ

 O pasado luns día 31 de xaneiro celebramos no cole o Día da Paz. A nosa maneira de celebralo foi facendo un baile con todo o alumnado no patio. Se queredes ver o resultado dese baile, fai click aquí.

1ª edición do concurso fotográfico "Coñece o teu Concello"

Aproveitando a proximidade do día das Letras Galegas, no CEIP Piñeiros acaba de organizarse a 1º edición do concurso  fotográfico "Coñece o teu Concello" no que pode participar todo o alumnado deste centro.

Os alumnos participantes deberán traer fotografías do Concello de Narón relacionadas coa súa paisaxe, monumentos, arte, arquitectura, xentes, tradicións, etc.

Cada fotografía deberá estar acompañada dunha lenda ou dun texto breve que explique a imaxe.

O prazo de entrega abrangue dende o vindeiro luns, 3 de maio ata o xoves, 13 de maio.

Se é posible, o tamaño da fotografía deberá ser de 13x18 cms. O alumnado poderá traela xa impresa ou ben nun pen drive.

Os premios dividiranse en 4 categorías:

- Narón Natural,

- Narón Urbano,

- Recunchos por descubrir e

- Xentes de Narón.

Cada gañador recibirá un vale de 20€ para gastar na Librería Galicia.

As fotografías publicaranse na páxina web do colexio.

Dende o centro queremos animar a que o noso alumnado participe nesta 1ª edición do concurso fotográfico.

Si queredes ver as fotografías que participan neste concurso fai click neste enlace ou fai click na foto.


ENTROIDO 2021: A MECA

¡¡¡XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO!!!

E  a Meca cos deus "mandados".

MECA 2021

Luns:

Para un bo disfrace preparar,

pola cabeza tes que empezar!

Martes:

A parte de arriba imos rematando

se o pescozo vimos tapando!

Mércores:

Con algo posto na cintura,

virás feito unha fermosura!

Xoves:

Cubertos os pés,

o disfrace xa o tes!

Venres:

Agora pono todo xunto

e terás o disfrace a punto!

Si queres ver o enlace, fai click no arquivo adxunto.

pdf 

Si queres ver as fotos do Entroido fai click aquí.

MAGOSTO

O día 2 de novembro celebramos o Magosto no noso cole. Si queres ver as fotos, fai click na fotografía.

Distribuir contido


by Dr. Radut