Skip to Content

        

COMEDOR ESCOLAR DO CEIP PIÑEIROS

Informamos a todas as familias do alumnado que vaian facer uso do comedor escolar durante este curso 2023-2024 que este servizo comezará a funcionar o vindeiro luns, 18 de setembro de 2023, dende as 14:00 horas ata as 16:00 horas.

Se hai alumnos/as que nalgún dos días que solicitaron o uso do comedor non poden facer uso deste servizo por non acudir ese día ao centro ou ben por outros motivos, as familias tedes a obriga de enviar un correo electrónico, antes das 9:30 horas da mañá, á dirección de correo electrónico que indicamos a continuación e no que debedes informar da ausencia do voso fillo/a ese día ao comedor escolar, indicando o seu nome e apelidos e curso no que está escolarizado. O correo electrónico ao que debedes enviar esa información é o seguinte: comedor.ceip.pinheiros@edu.xunta.gal

Para comunicar as ausencias non debedes nin chamar por teléfono ao centro nin notificalo a través do outro correo do centro. Só recolleremos as ausencias ao comedor dos vosos fillos/as a través do correo electrónico indicado arriba.

Lembrade, ademais, que, seguindo a instrucción 3/2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2023-2024, os alumnos/as usuarios do comedor escolar que en 3 ocasións falten ao comedor sen que mediara, antes das 9:30 hora dese día, comunicación previa da súa ausencia a través do correo electrónico que indicamos, tanto sexan usuarios pagadores como gratuítos, quedarán privados durante 10 días do uso do comedor escolar.

 

 

 



page | by Dr. Radut