Skip to Content

        

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARA PARTICIPAR NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO-CURSO 2022-2023

Comunicamos a todas as familias do alumnado de educación primaria que o mércores 18 de maio de 2022 saiu publicada no DOG a Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23.

O prazo para solicitar a participación no fondo solidario de libros e as axudas remata o 22 de xuño de 2022.

Aínda que as solicitudes se presentarán, preferiblemente, por vía electrónica, no formulario normalizado ED330B-anexos I e II, dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, tamén podedes recoller e presentar os impresos  e demais documentación na conserxería do centro. Xunto co impreso de solicitude se vos facilitará unha folla informativa. Toda a información está publicada na páxina web do centro e no taboleiro.

Para ver un resumo de toda a normativa, preme "aquí"

Para consultar os prazos establecios, preme "aquí".

Para descargar os formularios preme en "Anexo I" e "Anexo II".

Para consultar a orde, preme "aquí".

AdxuntoTamaño
Instrucións familias.pdf93.52 KB
Anexo I solicitude.pdf1.6 MB
anexo II.pdf858.41 KB
ORDE 29 ABRIL 2022.pdf1.22 MB
prazos establecidos polo CEIP Piñeiros.pdf65.8 KB


page | by Dr. Radut