Skip to Content

Traballos de 4º de Educación Primaria en conmemoración do Día das Letras Galegas 2020

 

 

 

 

Na festa das Letras Galegas, o alumnado de 4º de primaria presentou varios traballos que queríamos compartir con todos vós.

Fixemos carteis co nome do homenaxeado sen esquecer a tantas outras personalidades ás que se lles adicaron "as letras" en anos anteriores.

Sabedores de que Ricardo Carvalho Calero defendía o sistema reintegracionista da lingua galega, fixemos un acróstico co seu nome empregando palabras coa grafía propia do galego achegado ao portugués.

Tendo en conta que todas estas persoas fixeron grandes cousas pola nosa lingua, que son grandes heroes e heroínas do galego, quixemos debuxar aos heroes e heroínas do noso día a día: a nosa familia, adicándolle a cada unha das nosas persoas máis queridas a palabra galega que mellor os define.

Xa para rematar, coñecemos un pouco máis a obra de Ricardo Carvalho Calero a través da obra de teatro Farsa das zocas. Por se vos animades a vela, deixámosvos algúns dos resumos feitos por nós co argumento da obra.



blog | by Dr. Radut