Skip to Content

blogue deSiteadmin

CHEGOU O OUTONO

O venres 30 de Outubro celebramos no cole o “Samaín”. Nesta festa de orixe celta despedimos o tempo da luz e a abundancia para dar paso ao longo e escuro inverno.

MEDIDAS XERAIS

  • O colexio conta cun Equipo COVID-19 que coordina todo o relacionado con este tema.
  • Contamos con entradas e saídas diferentes para Educación Infantil e Educación Primaria.
  • Durante este curso extrémanse as medidas de limpeza, hixiene e desinfección.

INDICACIÓNS E ACLARACIÓN DE DÚBIDAS

  • Cada familia realizará unha auto enquisa diaria antes de ir ao cole para comprobar que non haxa síntomas compatibles cunha infección por COVID-19.
  • É necesario entregar aos titores unha declaración responsable.
  • O material individual de cada alumno/a non será compartido.
  • En Educación Infantil a máscara é moi recomendada. En Educación Primaria a máscara é obrigatoria.

COMEZA O COLE

Benqueridas familias,

 un ano máis damos comezo a un novo curso escolar e recibímosvos con toda a nosa ilusión e o noso agarimo.

As dificultades son evidentes, pero temos todo preparado para que as vosas fillas e filloa poidan levar adianteo seu proceso de aprendizaxe nas condicións sanitarias óptimas.

CONSELLOS PARA MERCAR MASCARA

COMEZO DAS CLASES - CURSO 2020/2021

O xoves 10 comezarán as clases co novo horario de 9.30h a 14.30 co servizo de comedor (ata ás 15.30h) e transporte para o alumnado de 4° e 5° de Educación Infantil e 1°, 2° e 3° de Educación Primaria.

O venres 11 comezará o alumnado de 6° de Educación Infantil e 4°, 5° e 6° de Educación Primaria.

 

Lémbrase ás familias do alumnado usuario do comedor escolar que aínda non entregou o MODELO DE AUTODECLARACIÓN que debe presentalo ANTES DO DÍA 11.

PLAN DE CONTINXENCIA COVID-19

En breve presentaremos o noso plan de continxencia á Covid, seguindo as instruccións oficiais do 31 de agosto.

Adxuntamos un resumo da liña principal de actuación e o modelo de declaración responsable.

 

REUNIÓNS COS TITORES

As titoras e titores poñeranse en contacto coas familias para facilitar a información necesaria.

 

Continuamos co plan de merendas saudábeis.

Merendas saudábeis

ALUMNADO CON NECESIDADES EDUCATIVAS

Queda aberto o prazo para a solicitude de becas para o alumnado con neae ata o 30 de setembro. Adxuntamos o enlace da convocatoria.

http://www.educacionyfp.gob.es/contenidos/estudiantes/educacion-infantil...

CALENDARIO ESCOLAR 2023-2024

Distribuir contido


by Dr. Radut