Skip to Content

TRADICIÓNS DA MAN DE MARÍA E PABLO!

Este pasado martes, acompañáronnos, o mestre gaiteiro Pablo Seoane Méndez maila súa dona, María Mayo Pais. Pablo imparte clases na asociación Axio Mouro e grazas a presenza desta parella, aprendimos datos moi interesantes  sobre o traxe, os bailes , as gaitas e todo o relacionado coa tradición galega.

SURF EN RAZO !

O pasado venres foi, sen dúbidas, un día inesquecible. As amigas e amigos de  Artsurfcamp achegáronnos durante unhas horas ao mundo do surf. Artsurfcamp comezou a súa andaina en 2004 non privilexiado enclave dá praia de Razo (municipio de Carballo, provincia dá Coruña), onde a natureza ofrece óptimas condicións para a práctica deste deporte.
A misión destes é ofrecer campamentos cunha inmersión 100% surf e natureza e potenciar ou destino de Razo como un punto de encontro multicultural para aqueles que queren empaparse da cultura surf.

 

CHEGADA AO OBRADOIRO DENDE VRINS!

Na mañá de onte rematamos a aventura que comezamos fai uns días. O tempo acompañou nunha mañá solleira chea de natureza e bos intres! 

 

 

UN DÍA MÁXICO!

José Benigno Santamaría, tamén coñecido coma o “ilusionista xalleiro”, acompañounos nesta mañá de abril para compartir algún dos seus trucos coas cativas e cativos.

Lembrámosvos que este venres 3 de maio haberá unha “Gala de novos talentos”, no auditorio do Multiusos (desde as 20:00h), presentada por José Benigno Santamaría “O Ilusionista Xalleiro” e coa participación de Mago Alvart, MagAldara, Golden Magic e Mago Mateo.O sábado, nas inmediacións da Casa da Cultura, haberá “maxia de preto” con Álex Louzao(11:00h), e un obradoiro con Joshua Kenneth (12:00h). A partir das 20:00h, terá lugar a “Gala Final”, cos magos Alex Louzao, Joshua Kenneth e Cayetano Lledó. A presentación correrá a cargo do Mago Paco. Grazas!

VÍA CÉLTICA

A Vía Céltica aúna unha serie de camiños marítimos de peregrinación desde os portos de arribada do noroeste de Galicia cara a Santiago de Compostela que, ao mesmo tempo, coinciden cun itinerario posxacobeo ata os santuarios de Fisterra e Muxía. A oficialización para mediados dos anos 1990 dun camiño do sur cara a Fisterra relegou a un desmerecido esquezo a vía natural, histórica e xacobea do norte. A que, conectando Santiago coa costa a través da ponte de Portomouro e o altiplano do Xallas, presenta a quen a percorre un patrimonio e paisaxes únicos que nos levan de volta ao tempo das primeiras peregrinacións.

No ano 2021, esta vía, acadaba o recoñecemento  coma ruta oficial de peregrinación a Santiago. Na mañá de hoxe, percorremos parte dunha etapa entre Castriz e a Igrexa de Santa María de Vilamaior. Nas vinderiras semanas remataremos esta aventura coa chegada d@s nos@s ao Obradoiro.

Bo camiño!

DÍA DO LIBRO 2024

O Día do Libro atopa as súas raíces nunha tradición catalá que data do século XV, coñecida como a "Diada de Sant Jordi" ou o "Día de San Jorge". Nesta xornada, conmemórase a morte de dúas grandes figuras literarias: o escritor Miguel de Cervantes e o poeta William Shakespeare, ambos os falecidos o 23 de abril de 1616. 

A elección desta data para celebrar o Día do Libro foi proposta pola UNESCO en 1995, como unha homenaxe á riqueza cultural e lingüística que representan estas tres personalidades literarias icónicas. Desde entón, o 23 de abril converteuse nunha xornada para fomentar a lectura, promover a industria editorial e celebrar a diversidade das letras en todo o mundo.

Onte, amosamos e limos un libro creado por todo o alumnado do centro, fixemos un apadriñamento lector  e repartimos os nosos sorbiños de lectura para festexar e colaborar nese fomento da lectura. Grazas a tod@s!

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO

Todo o alumnado que presentou solicitude de admisión para 4º de Educación Infantil, para o vindeiro curso 2024/2025, foi admitido. 

SURF LESSONS!

O pasado 4 de abril, tivemos a oportunidade de iniciarnos no mundo do surf da man das amigas e amigos  de Artsurfcamp e a Federación Galega de Surf. Esta foi unha xornada centrada na parte máis teórica deste deporte. Cara ao final do curso, acudiremos á praia de Razo para poñer en práctica estes coñecementos. É importante destacar e agradecer o importantísimo papel de XOGADE e o Concello de Santa Comba apoiando e fomentando o deporte e os hábitos de vida saudable.

 

 

 

 

XORNADA DE SEGURIDADE VIAL

Hoxe sabemos un pouquiño máis sobre seguridade vial! Moitas grazas aos responsables de ofrecernos esta animada e interesante xornada onde reflexionamos sobre os riscos dun comportamento desaxeitado.

8 M

Hoxe conmemorámolo 8M mediante diversas manifestacións artísticas nun berro común a prol da igualdade e o mérito, pero, por que o 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller?

O Día Internacional da Muller atopa as súas orixes nas manifestacións das mulleres que reclamaban a comezos do século XX o dereito ao voto, mellores condicións de traballo e a igualdade entre os sexos. Por tanto, o Día Internacional da Muller ten as súas bases nos movementos históricos das mulleres, principalmente en Estados Unidos e Europa, que esixían xustiza social e equidade cos homes nos diversos campos da sociedade.Décadas despois deste acontecemento, o 28 de febreiro de 1909 conmemorouse o primeiro Día Nacional das Mulleres en EE.UU. en honra á folga de mulleres de 1908 en contra das malas condicións de traballo.En 1911, conmemorouse o Día Internacional da Muller en Estados Unidos e en varios países de Europa. As mulleres saíron ás rúas o 19 de marzo dese ano en EE.UU., Austria, Dinamarca, Alemaña e Suíza para esixir dereitos para votar, ter cargos públicos, traballar e poñer fin á discriminación laboral. Esa considérase a primeira marcha do Día Internacional da Muller.

Distribuir contido


by Dr. Radut