Skip to Content

TERRORIFICAMENTE DIVERTIDO O SAMAÍN

Para celebrar o samaín comezamos a semana decorando a clase, pasamos a semana entre teas de araña, morcegos e pantasmas. Deixamos o cole que daba medo entrar!!

Das nosas casas trouxemos unhas cabazas, tamén chamadas calacús. Comezamos facendo o deseño dos ollos e a boca para despois vacialas e proceder a cortar. Un consello canto máis deformes sexan, máis terroríficas serán. 

O mércores elaboramos un taller de maquillaxe de samaín, foi un día que nos gustou moito. Así como a maquillaxe tocou a nosa pel comezamos a transformarnos. 

E para rematar esta semana o venres, marchamos do cole. Fomos ao CEIP Praia Xardín, convidáronnos a pasar un día super divertido con sesión de cine e túnel do terror incluidos. 

Pasámolo xenial,  unha cousa que nos fixo moita ilusión foi ... A NOSA PRIMEIRA VIAXE EN AUTOBÚS!! CANTOS NERVIOS PARA UN SÓ DÍA. 

PREME NA IMAXE PARA VER TODAS AS FOTIÑOS

 



page | by Dr. Radut