Skip to Content

MAGOSTO

 Como manda a tradición, entre o 1 e o 11 de novembro, xuntarémonos todos ao carón do lume para celebrar o magosto e pasalo ben. Se a tradición o manda, en Comoxo celebrámolo por todo o alto. 

Comezamos a mañá organizando as nosas castañas para despois asalas. A espera fíxosenos eterna, mais valeu a pena. Que ricas estaban!

Despois de encher a barriga é momento de xogar. Que mellor día para deixar a un lado os xoguetes de plástico e volver aos xogos tradicionais, os feitos con madeira. Rescatamos para este día sete xogos: esquís de parellas, carreiras de sacos, o muíño, as buxainas, as canicas, os birlos e o lanzamento de sacos. 

En resumo, un día para recordar. 

PREME NA IMAXE. 

 



page | by Dr. Radut