Skip to Content

Primaria

"O MONTE NACE NA ESCOLA" - FACEMOS BOLAS DE SEMENTE 1º obradoiro

Dentro do proxecto " O MONTE NACE NA ESCOLA" promovido polo Concello, tivemos no colexio o primeiro obradoiro deste trimestre, consistía na elaboración de Bólas de Sementes. Alejandra veunos visitar e alí nos puxemos mans á obra os nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria. Houbo que remangarse e remexer a masa. Logo formaron as bólas e puxéronas a secar. Cando todas as bolas estén secas botarémolas ao monte. A ver se conseguimos que medren novos carballos. 

 

 

 

 

O alumnado de 3º e 4º fixo a súa primeira excursión

O alumnado de 3º e 4º de primaria fixo o 14 de novembro unha saída a Vigo. Primeiro foron ao teatro de Afundación para ver a obra GAIA unha obra de teatro que ten como protagonista a Terra e destaca a importancia do coidado medioambiental. 

Pola tarde visitaron a exposición SONORO EMPEÑO, tamén de Afundación, onde, guiados por unha monitora, viron cadros nos que o motivo principal era a música. E remataron a tarde participando nun taller que tiña como obxectivo plasmar nun cadro a música (tratábase de pintar o que quixeran, pero había que facelo ao ritmo da música que sonara nese momento).

Pasárono xenial, o único que non lles gustou foi o tempo: choveu moito ese día, e impediu que puideran correr e xogar no parque de Castrelos tal e como estaba previsto 

 

Casas enmeigadas para as nosas meigas - HAUNTED HOUSES FOR OUR WITCHES

En 5º de primaria decidimos facer casas de meigas. Foi un traballo laborioso, porque houbo que medir as distintas partes, xa que está feito con cartolina. Decorar cada parte, pegar os rectángulos para convertelos en cilindros e logo montar a casa. O resultado é incrible. 

 

 

EXCURSIÓN AO GROVE DE 3º E 4º DE PRIMARIA

O alumnado de 3º e 4º de primaria pasou a súa excursión de fin de curso no Grove. Alí visitamos o acuario onde unhas monitoras nos explicaron os peixes que alí había e nos daban a coñecer tamén datos importantes sobre eles e que debemos facer para protexelos. Logo fomo ao porto a coller un barco no que vimos o fondo mariño, nos ensinaron as bateas e nos deixar bailar. Para o xantar fomos á illa da Toxa e ao rematar o xanta aínda houbo tempo para o xogo nun parque. Foi un día moi chulo. 

 

      

VISITA DE GONZALO MOURE

Tivemos o pracer de recibir no colexio a Gonzalo Moure.  Nas aulas de 5º e 6º lemos o seu libro "Palabras de caramelo".

Grazas pola visita. Pasámolo xenial! 

Excursión dos nenos e nenas de 5º e 6º a Santiago de Compostela

Os nenos e nenas de 5º e 6º foron de excursión a Santiago de Compostela. Alí visitaron á Xunta, o Parlamento e a Catedral. Unha excursión da que voltaron con moita información sobre estes tres lugares que seguro non esquecerán. 

 

Arts en 5º - Manualidade outono

Último traballo do 1º trimestre de arts do alumnado de 5°. Utilizamos o que nos ofrece a natureza para realizar as nosas

creacións.

 

Proxecto: RECOMPILAMOS PALABRAS ENXEBRES

RETO: Conseguir xuntar 500 palabras enxebres do galego e sobre todo da zona de As Neves. Conseguirémolo?

Para ver a presentación en pantalla completa pica AQUÍ

EXPOSICIÓN ÁRBORES SENLLEIRAS

O  Xoves día 20 de setembro fomos convidados polo concello á inaugración dunha exposición con paneis fotográficos na casa da Xuventude. O tema tratado era "As árbores máis importantes de Galicia. Ao evento asistiu o alumnado de 5º e 6º. 

 

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut