Skip to Content

Primaria

O BAILE DE 2º

Aquí vos deixo o vídeo co noso baile. Fixéstelo xenial. 

 

 

Pasade un bo verán e un merecido descanso despois deste curso tan difícil. Unha aperta

NOA DURÁN CASTRO GAÑADORA DA XXI EDICIÓN DOS "PREMIOS MURALLA"

 

NOA DURÁN CASTRO de 6º A resultou gañadora dos “PREMIOS MURALLA” coa redacción “Forte coma unha muralla”.

 

Noraboa Noa!

Preme AQUÍ para ver o enlace á noticia e á redacción.

 

PLANTACIÓN NO APARCADOIRO

 

Hoxe, coincidindo co aniversario do incendio de 2017, estiveron os nenos e nenas de 6ºB plantando árbores no aparcadoiro do colexio. A iniciativa partiu do Concello e a actividade enmárcase dentro do proxecto O MONTE NACE NA ESCOLA. Agardamos agora a ver como van medrando estas árbores.

 

Se queredes ver todas as fotos do evento premede AQUÍ

 

 

 

 

VISITA VIRTUAL AO IES

 Queridas nenas e nenos de 6º curso, 

 

Este ano todo se desenvolve dun xeito diferente e, como consecuencia, non puidestes ter a vosa visita en persoa ao IES. Pero non tedes de que preocuparvos porque non ides quedar sen ela. Aquí tedes un vídeo para darvos a benvida totalmente en exclusiva!

 

Veredes que, ademais de ensinarvos algunhas das instalacións que coñeceredes mellor en setembro, tamén vos dan algúns detalles de organización (horarios, asignaturas, comedor...). 

 

Gustaríame que, se tedes algunha dúbida ou queredes preguntar algo que preguntariades de ter ido en persoa, mo fagades saber no seguinte correo electrónico: orientacionmarquesamerce@gmail.com

 

Tanto eu como a Orientadora do IES estaremos encantadas de axudarvos!

 

Unha aperta!

A Orientadora

 

 

PROPOSTA PARA TRABALLAR O AUTOCOÑECEMENTO

Queridas nenas e nenos

Aquí estamos de novo para facervos outra proposta, esta vez para coñecernos mellor a nos mesmos. O autocoñecemento é a base para ter unha relación sa e sólida con nos mesmos. Coñecernos ben e querernos moito é o primeiro paso para ser felices e sentirnos mellor. 

Para introducirnos un pouco nesta tarefa, deixámosvos tres modelos a continuación. Podedes imprimilos ou crear os vosos propios tomando estes como referencia ou ao voso gusto. Como prefirades. Veredes que hai espazo de sobra para poder escribir ou debuxar, sentídevos libres de expresarvos como máis cómodos vos sintades. 

PICA NAS IMAXES PARA VELAS MÁIS GRANDES

 

 

Aqueles que estades seguindo a proposta anterior de escribir un diario, podedes usar as súas páxinas para facer esta tarefa. Sen necesidade de imprimir os modelos, usades as preguntas sobre as que escribir e deixádesvos levar. Por suposto, non esquezades que un diario é algo moi persoal; algo que é só voso e sodes libres de usalo como mellor vos pareza: escribindo, debuxando, pintando, pegando fotos e recortes ou combinando todas esas ideas. 

Moitas veces queremos expresar como nos sentimos pero é difícil porque non atopamos nome para unha ou varias emocións en concreto. Para facilitarvos ese traballo, deixámosvos tamén por aquí un labirinto de emocións do libro Emocionario de Cristina Núñez e Rafael R. Valcárcel, así como un anaco do mesmo libro en galego e en castelán, para que botedes man del se o precisades.

MOSTRA DO EMOCIONARIO EN GALEGO

MOSTRA DO EMOCIONARIO EN CASTELÁN

Se tedes calquera dúbida non dubidedes en preguntar. Aínda que se trata dunha tarefa voluntaria e que é só para vos, permitiravos atopar paz nestes momentos. 

 

PARA AS FAMILIAS: esta proposta non ten limitación de idade ningunha polo que vos animamos a todos os membros da familia a dedicarlle uns minutos cada día confiando en que achegue algo de alivio nesta situación. Se ben, sobre todo cos máis pequenos, quizais sexa imprescindible un pouco de axuda, polo que lede con eles a proposta e traballádea como mellor consideredes. Pode que o debuxo e a pintura sexan os mellores aliados cos máis cativos. De igual xeito, o concepto de diario igual é moi abstracto, polo que vos instamos a usar os modelos propostos nestas ocasións sendo libres de imprimir ou de facer os vosos propios cos vosos fillos e fillas. 

Quedando á vosa enteira disposición, 

O Departamento de Orientación

 

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA EN CASA

Hoxe celébrase o DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA e moitos de vós participastes no noso reto. Deixámosvos aquí a montaxe dos vídeos que nos fixestes chegar. 

Para velos só tedes que picar na imaxe de cada montaxe. 

    

  
 
  
 

CONCURSO IMAGINE FOOD DE EROSKY

 O día 14 de febreiro o alumno David R. de 4º de Primaria, acompañado polos seus compañeiros e compañeiras, acudiu ao Eroski de Ponteareas para recibir o seu premio ao proclamarse como gañador do concurso dentro da súa categoría.

Seguindo as instrucións da chef Bárbara todo o alumnado preparou o prato “Palmeiras de froita e iogur” que posteriormente degustaron.

Ademais, ao alumno fíxoselle entrega dunha bicicleta e a titora un cheque valorado en 2000 euros para o centro.

 Dende aquí queremos darlle as grazas á cadea de Supermercados Eroski polo seu recibimento e bo trato e como non felicitar unha vez máis ao noso campión.

 

     

CONCURSO PILABOT

O alumnado de 3º e 4º de primaria participa dende o 5 de febreiro ata o 24 de marzo nun concurso de recollida de pilas. Unha iniciativa na que todos podemos axudarlles a conseguir un dos premios que otorgan para os que máis pilas recollen. 

Trae ti tamén as túas pilas. Axudarasnos a nós e coidaras o Medioambiente. 

 

 

Se queres saber máis sobre o concurso pica no cartel. 

 

 

 

Charla sobre os froitos de tempada

Hoxe veunos visitar Alejandra para falarnos dos froitos de tempada. Esta é outra das activdades integradas no proxecto O MONTE NACE NA ESCOLA. Estivo en 1º e 2º de primaria. Comentounos que hai froitas que podemos atopar todo o ano, pero que hai outras, que dependen da estación do ano na que estemos. Tivemos que adiviñar en que estación medraban os froitos que trouxo. Explicounos o importante que é comer os froitos cando medran nas nosas eiras, porque favorecen a nosa saúde e axuda a que coidemos o medioambiente, posto que se temos o froito ao lado da casa aforramos o gasto que supón traelos doutros lugares máis afastados. 

 

Excursión a Vigo de 1º e 2º de primaria

O alumnado de 1º e 2º de primaria fixo o 17 de decembro a súa primeira excursión do curso. Tocou ir a Vigo. Onde fomos primeiro a unha exposición de arte de Afundación,  co título " Sonoro empeño" onde buscamos a música e os instrumentos en diversos cadros da exposición e fixemos un obradoiro no que pintamos ao ritmo da múscia que nos poñían. 

 

Logo fomos a ver a obra de teatro "A nena e o grilo máis aló" de de Maxín Blanco. Tamén aquí xogaba a música un papel moi importante. 

 

E para rematar un día que foi fabuloso, non só polas actividades, senón tamén  porque a chuvia nos deu un pequeno respiro, fomos comer e a xogar ao parque de Castrelos. 

 

 

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut