Skip to Content

Primaria

Aliméntate ben! Reparto de leite

Informámoslles que a partir de mañán día 30 de maio farase o 2º reparto de leite en bricks de 200cc entre o alumnado, como parte do programa Aliméntate Ben!

 

   Un saúdo, A dirección

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PRA O CURSO ESCOLAR 2023-2024


Informámoslles que dende hoxe 22 de Maio ata o 21 de Xuño está aberto o prazo para solicitar a axuda para adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2023-2024. 

Extracto da Orde do 10 de maio de 2023.

 

Pódense presentar presencialmente ou pola sede electrónica da xunta.

 

Documentación requerida:

          • Anexo I e  Anexo II
          • Copia do libro de familia.
          • E se é o caso sentenza de separación ou divorcio, certificado de discapacidade, situación de violencia de xénero,..

Navega con Rumbo, en 5º.

O alumnado de 5º de Educación Primaria participou na xornada divulgativa do programa "Navega con Rumbo", co obxectivo de guialos cara unha navegación segura, tratando de evitar que sexan vítimas de condutas coma o ciberacoso ou outros riscos da rede. 

Inicio da aventura na radio

Compartimos con toda a comunidade o noso primeiro programa de radio, grabado polo alumnado de 5º de Educación Primaria, coa axuda das mestras Ana e Jesi, e do teacher Alberto.

 

Rede Ecocomedores

Obradoiros Ecocomedores

O venres 28 de abril, o alumnado de 3º, 4º e 5º participou na primeira xornada informativa do proxecto Ecocomedores, na que se buscará fomentar unha alimentación máis consciente, saudable e sostible. impulsados polo Grupo de Desenvolvemento Rural do Condado Paradanta.

Desta forma, o noso cole pasa a formar parte da Rede Ecocomedores, participando en diversas actividades que teñen como obxectivo promover os produtos locais, ecolóxicos e de tempada no territorio.

Clica na imaxe para ver as fotografías do obradoiro.

Álbum: Curso 2022-2023 -> Obradoiros ecocomedores

Maxia no cole

No día internacional das mulleres recibimos a visita de Sara e Carlos. Coa súa maxia e sentido do humor revisamos a historia das mulleres na maxia, e quedamos abraiados cos seus trucos.

Día da Paz 2023

Álbum: Curso 2022-2023 -> Día da non violencia e da paz

Xogos de fios

Aqui tedes un video tutorial para aprender o xogo dos fios.

Progresade dende as figuras mais básicas ata onde vos leve a imaxinación...

Só precisades para practicar: outra persoa e un fio textil de lá ou similar.

Paciencia e ánimo, que seguro que o conseguides.

 

Aliméntate ben! Froita na escola

Durante  os recreos deste curso degustamos froitas variadas: amorodos, sandías, mazás, peras, plátanos...

Ñam, ñam, ñam :)

 

Isto formou parte do Programa "Aliméntate Ben".

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut