Skip to Content

Blogues

Proxecto: Os dinosauros en infantil

As dúas aulas de educación infantil  tiveron unha actividade moi lúdica para ir poñendo fin ao seu proxecto de dinosauros.

Realizamos unha entrevista a uns paleontólogos da universidade danesa de Aarhus.

Responderon moi amablemente a todas as nosas preguntas.

Dinosauros

Moitas grazas a todo o seu equipo!

Día de Rosalía

Polo Día de Rosalía, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e o equipo de biblioteca, propuxémoslle ao alumnado investigar sobre a vida de Rosalía de Castro. Neste vídeo podedes ver o resultado. 

Aprendemos a usar a radio

No día de hoxe, Ponte... nas Ondas estivo ensinándonos, tanto ao alumnado de 5º EP como ao profesorado, a usar a radio escolar.

Foi unha gran experiencia!

Busca os recursos da biblioteca a través do OPAC Meiga.

Se estás buscando algún libro, cd, dvd, xogo... concreto. Podes consultar no catálogo da nosa biblioteca se o hai e levalo emprestado para casa. É moi fácil! Aquí queda unha guía coa explicación.

 

 

 

RECOMENDACIÓNS POLO NADAL

Dende a biblioteca propomos algúns titulos para poder ler no Nadal. Esperamos que vos gusten!

Revista trimestral de literatura

Aquí está a revista de infantil, do 1º trimestre, na que teñen recollidos os refráns cos que traballaron e os contos que inventaron.

 

 

A nosa CDU

Para buscar libros, xogos,dvds... dentro da biblio é importante coñecer como os temos etiquetados. Aquí deixamos a información.

Día das Bibliotecas

Facendo ciencia coa natureza que atopamos polas Neves

Na nosa I feira da ciencia todo o alumnado estivo experimentando coa natureza das Neves. Aquí deixamos un par de fotos, pero podedes ver máis na seguinte publicación.

 

Bibliopatio

O voluntariado xa comezou a axudar na biblioteca hai unhas semanas. Aquí podedes ver un deses días na bibliopatio de infantil.

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut