Skip to Content

Visitas

VISITA DE MARÍA CANOSA - ESCRITORA - TALLER DE ESCRITURA CREATIVA

O martes 3 de decembro tivemos os nenos e nenas de 6º de primaria a sorte de recibir un TALLER DE ESCRITURA CREATIVA a mans da escritora María Canosa. 

 

Aprendemos un xeito novo de facer historias que nos sorprendeu a todos e a todas e ela deunos un moi bo consello: "que saían do noso corazón...que poñamos o corazón en todo o que fagamos e así sairán cousas fermosas e únicas."

 

Moitas grazas María pola túa visita e os teus consellos!

 

 

Para ver máis fotos pica AQUÍ

1º CONTACONTOS DO CURSO CON LAURA FERNÁNDEZ

O martes tivemos dúas sesións de Contacontos a cargo de Laura Fernández. Ela veunos visitar para contarlles moitos contos aos nenos e nenas de Infantil e de 1º e 2º de primaria. 

Encantounos a súa visita. Pasámolo xenial escoitando e vendo como se meteu nos papeis de cada conto. 

 MOITAS GRAZAS POLA VISITA LAURA

      

Para ver máis fotos pica AQUÍ

 

Esta actividade contou coa colaboración da ANPA do colexio e do Concello de As Neves 

 

VISITA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RUBIÓS

O venres 27 de setembro visitáronos os membros da ESCOLA DE MÚSICA DE RUBIÓS, para dar un concerto e mostrarnos o fermoso que é saber tocar algún instrumento. Pasámolo moi ben escoitando a historia que nos contaban e as cancións que tocaban.

 GRAZAS POLA VISITA!

 

 

 

VISITA DE GONZALO MOURE

Tivemos o pracer de recibir no colexio a Gonzalo Moure.  Nas aulas de 5º e 6º lemos o seu libro "Palabras de caramelo".

Grazas pola visita. Pasámolo xenial! 

Contacontos polo Nadal

Este ano contamos polo Nadal cunha contacontos que nos contou a historia dunha nena que saiu buscar ao apalpador. Estivo moi entretido e tívonos enganchados todo o rato. Gustounos moitísimo. 

 

   

 

MOITAS GRAZAS POR ESTE CONTACONTOS!

Nova visita de María Canosa

Unha vez máis tivemos a oportunidade de desfrutar coa lectura dun libro de María Canosa e coa súa presenza no noso centro. 

 

     

Moitas grazas pola túa visita!

VISITA DE ANXO MOURE

O venres 21 tivemos a visita de Anxo Moure cun Contacontos sobre as árbores autóctonas e o medio ambiente. Gustounos moito e recordounos a importancia de coidar o monte e de evitar os lumes. 

 

VISITA DE FRAN ALONSO

Despois de ler nas aulas o libro de poemas "O meu gato é poeta" de Fran Alonso, tivemos a gran sorte de coñecelo en persoa. 

O pasado xoves veunos visitar e recitounos moitos dos seus poemas no só deste libro, senón tamén doutros que escribiu.

Foi un pracer telo no colexio.

Moitísimas grazas pola visita Fran Alonso!

 

Aquí vos deixamos unhas fotos do seu paso polo colexio.

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a free photo slideshow

RECICLAMOS

O luns viñeron a darlles unha charla, dende Sogama,  aos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º, para coñecer os beneficios dunha correcta reciclaxe. Aínda queda moito por aprender, pero se cada un de nós vai reciclando, reutilizando e reducindo os resíduos, podemos coidar moito o medioambiente. 

   

O BALONCESTO NO COLEXIO

Desta volta, visitounos Fernando, adestrador de BALONCESTO do Club Baloncesto Condado, para facernos chegar unhas pequenas nocións de como se xoga a este deporte. 

Todos os cursos pasaron unha sesión no ximnasio, na que Fernando os adestraba un pouco mostrándolles todo o que se pode facer con balón de baloncesto. 

Un deporte en equipo moi divertido. 

 

 Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a slideshow
Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut