Skip to Content

Primaria

II Feira da Ciencia

O xoves 30 de novembro, celebramos a II edición da Feira da Ciencia do cole.

Cada aula presentou un experimento relacionado coa cociña. Puidemos ver experimentos relacionados co leite, cos ovos, coa auga, co aceite e, cómo non, coas chuches!

Álbum: Curso 2023-2024 -> II Feira da Ciencia

Manifesto para a eliminación da violencia contra a muller.

O 24 de novembro, o alumnado de 5º e 6º xuntouse no concello co alumnado do instituto para a lectura dun manifesto pola Eliminación da Violencia contra a Muller.

Álbum: Curso 2023-2024 -> 25 de novembro: manifesto no concello

Libres

O CEIP Marquesa do Pazo da Mercé uniuse baixo o lema "LIBRES" polo Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller.  Cada bolboreta representa un desexo, un dereito ou un obxectivo que dende XA debe esparexerse na sociedade.

Parabéns a tod@s pola participación!!!

Álbum: Curso 2023-2024 -> 25 de novembro: Somos Libres

Xornadas de Cross

Os días 22 e 23 de novembro celebráronse as xornadas de cross organizadas pola asociación ADECONPAR onde participou o noso cole co alumnado de 3º,4º,5º e 6º disfrutando dunhas xornadas de convivencia e deporte, onde incluso tivemos a sorte de acadar algún podium si ben o que máis nos gustou foi o chocolate e as rosquillas que repartieron ao final para todos os participantes.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Xornadas de Cross

Aviso: Entrado polo portal verde

Aviso: entrada polo portal verde

Presentación para as familias

Estimadas familias,

Compartimos con vós a presentación usada na reunión do 8 de setembro. Esperamos que vos sexa de utilidade.

Listados de Material

Estimadas familias,

Clicando en cada curso, poderedes descargar a lista de materiais:

 

 Primeiro

Segundo

Terceiro

Cuarto

Quinto

Sexto

Reunión de Inicio de Curso

Calendario Escolar 2023-24

Calendario escolar

Elaborado a partir do Calendario creado por VigoPeques.

Festival de Fin de Curso

A continuación deixamos o vídeo coas actuacións do fesival de fin de curso. 

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut