Skip to Content

Primaria

Unha obra de teatro moi especial

       O último día de clase puidemos gozar dunha xenial representación teatral. Un grupo de pais e nais da Anpa prepararon a obra “ Un día na consulta da inseguridade social”.

       Estivo fenomenal, gustounos moito e os nenos e nenas estiveron moi atentos vendo o que facían os seus pais/nais ou os pais/nais de compañeiros/as, cousa que lles emocionou bastante.

       Queremos agradecer a este grupo de pais que tiveran unha iniciativa tan acertada e marabillosa e oxalá nos deleiten con outra obra para o curso que ben. 

Moitas grazas!!

 

 

 

CREACIÓN DE CARTEIS PARA FOMENTAR O CONSUMO DE PEIXE

Os nenos e nenas de 2º fixéronlle moito caso aos Arroases e crearon uns estupendos carteis para convencernos a todos e todas do san que é comer peixe. Unha vez feitos os carteis colocáronos polo colexio para que todos os poidan ver. Déixamosvos aquí as fotos que mostran o seu traballo e o resultado final.  

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own digital slideshow

PLAN PROXECTA "SALVAVIDAS": A DOAZÓN

Este curso os alumnos/as de 5º e 6º de primaria participamos no Plan Proxecta  "Salvavidas”.

Con el tratouse de concienciar os alumnos sobre a importancia das doazóns e a participación de todos.

Enviamos tamén os nosos traballos o “V Concurso de Dibuxo 2015/1016”, e 

fixemos una exposición no corredor do colexio.

Ademais o 1 de Xuño visitounos o doutor Emilio Arruti, coordinador de trasplantes do hospital Montecelo de Pontevedra e deunos una charla sobre a importancia da doazón de órganos e tecidos e da colaboración cidadá.

 

Acompañabao Maite, una muller cun trasplante de ril que contou a súa experiencia persoal.

 ¡Foi una actividade moi interesante!

 

Aquí vos deixamos os carteis que se elaboraron nas distintas aulas

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design personalized with Smilebox

ELABORACIÓN E DEGUSTACIÓN DE PIZZA DE ATÚN

Dentro do programa Aliméntate ben propuxemos en 2º de primaria a degustación dunha pizza, na que  o ingrediente principal era o peixe, concretamente o atún. Para iso fixemos uso do comedor escolar e preparamos a nosa propia pizza. Estaba boísima. Tedes que probala, veredes que saborosa é, e aínda porriba é moi boa para a vosa saúde. 

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow design personalized with Smilebox

VOZ NATURA: PLANTAMOS NO PATIO DO COLEXIO

O curso pasado plantamos unha planta aromática por curso e este ano seguimos coa plantación no patio do colexio. Desta vez tocoulles a plantas coma o perexil, a albahaca, a áloe vera, ....

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow made with Smilebox

5ª PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE CURTAS DE ANIMACIÓN

Como 5º curso consecutivo participamos no concurso de curtas de animación convocado ao abeiro do proxecta NÓS TAMÉN CREAMOS, que está promovido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística en colaboración coa Televisión de Galicia e a editorial OQO Editora.

Este ano o conto elexido foi

 

 

E así quedaron o noso título e as nosas persoaxes

 

Picade AQUÍ para ver a nosa curta.

 

E se queredes comparala con outras que están colgadas na web da Televisión de Galicia picade AQUÍ.

DEGUSTACIÓN DE PEIXE EN CONSERVA

Para ver que podemos comer peixe dun xeito sinxelo e variado, propuxemos en 1º e 2º facer unha degustación de peixe en conserva. Cada neno e nena trouxo algunha conserva, a poder ser algunha que non comeran ou comían menos veces. Con esas conservas fixemos o día da desgustación e puxemos como condición que tiñan que probar polo menos unha variedade de peixe que nunha probaran antes. Foi sorprendente como case todos probaron e comprobaron que lle podía gustar algún peixe diferente ao que tiñan comido. Pero todo hai que dicilo as sardiñas e o atún seguen sendo os máis preferidos para a maioría dos peques. 

 

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This free digital collage customized with Smilebox

PLAN PROXECTA ALIMÉNTATE BEN: VISITA DE LUIS O PESCADOR DOS ARROASES

O xoves 26 tivemos visita no cole. Dado que participamos en ALIMÉNTATE BEN, viñéronos a visitar o pescador Luis, unha cociñeira e unha experta en peixe, para falarnos do importante que é comer pescado, e de paso contáronos que nos poden aportar os peixes que dan nome aos Arroases. Intelixencia, humor, ....e moito máis conseguímolo se comemos peixe. 

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow generated with Smilebox

MURAL DO CICLO DA AUGA

AQUÍ VOS DEIXAMOS AS FOTOS DA CREACIÓN DO NOSO MURAL DO CICLO DA AUGA. 

 PICADE SOBRE A IMAXE

 

 

No seguinte enlace atoparedes o recurso co que se traballou o tema da auga nas distintas aulas:

 

A AUGA 

FACEMOS PLUVIÓMETROS

 

Aquí vos deixamos o documento coas imaxes do proceso de creación do pluviómetro, feito polos nenos e nenas de 1º de primaria. Só tedes que picar sobre a imaxe para velo.  

Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut