Skip to Content

Primaria

EXCURSIÓN DE 1º E 2º DE PRIMARIA MARZO 2018

O martes 6 de marzo fomos de excursión 1º e 2º de primaria. Nesta primeira saída, fomos a Vigo. Vimos á obra "Garbancito en la barriga del buey" no teatro de Afundación. 

 

 

 E despois do Teatro tocou  obradoiro e visita á exposición de arte da obra de Antonio Quessada. 

 

 

RECICLAMOS

O luns viñeron a darlles unha charla, dende Sogama,  aos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º, para coñecer os beneficios dunha correcta reciclaxe. Aínda queda moito por aprender, pero se cada un de nós vai reciclando, reutilizando e reducindo os resíduos, podemos coidar moito o medioambiente. 

   

Excursión de 5º

O xoves 23 de novembro foron os nenos e nenas de excursión a Vigo. Alí visitaron Naturnova para participar nunha actividade sobre o sistema solar. E logo foron ao Marco para ver e aprezar o arte moderno a través das súas exposicións. 

 

 

REPLANTAMOS NO COLEXIO

Hoxe tocou repoñer plantas na entrada do colexio. Ao longo da mañá saíron todos os cursos para plantar unhas photinias. 

TEATRO EN ARBO

Esta semana houbo teatro  en Arbo. Organizada pola ANPA de Arbo  tivemos ocasión de visitar o seu auditorio o  día 14 e o 15 de novembro para ver unhas obras de teatro representadas por o grupo Migallas. 

O 14 foron os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º e 2º de primaria a ver a obra "CANTA CONNOSCO". 

O 15 foron os nenos de 3º a 6º de primaria para ver a obra "UN AVÓ ESPECIAL". 

Pasárono moi ben. 

Excursión de 3º e 4º

Os nenos e nenas de 3º e 4º quixeron empezar moi ben o curso e xa fixeron a súa primeira saída. 

O pasado 26 de outubro foron a Vigo visitaron unha exposición de arte, fixeron un obradoiro e logo viron a obra "Laberinto".

 Para ver a presentación picade AQUÍ

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Free photo collage personalized with Smilebox

PASTELEIROS EN SAMAÍN

Os nenos e nenas de 3º e 4º tiveron un xeito moi especial de celebrar o Samaín. Convertéronse en pasteleiros e fixeron unhas riquísimas galletas con formas de pantasmas, morcegos, cabazas,...

 

Había que ser moi valentes para comelas, pero estaban tan boas que todos se esqueceron do medo que daban. 

 

Mirade como traballaron e que boa pinta tiñan as galletas o rematar. 

 

QUEREMOS VERDE EN AS NEVES

O venres pasado saímos co noso alumnado e o alumnado do IES á praza do Concello co ánimo de pedir que entre todos sexamos capaces de conseguir que As Neves volva lucir o verde dos seus montes. Para iso saímos en roupa escura, con globos verdes e algúns dos traballos que se fixeron nesa semana co alumnado. Aquí vos deixamos a presentación da saída e unha mostra do traballo de aula.  

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create a digital slideshow

 TRABALLOS DEPOIS DO INCENDIO 5ºA E 3ºA

EXCURSIÓN 5º E 6º OUTUBRO 2016

O día 20 de outubro os nenos e nenas de 5º e 6º fomos ao teatro a    Afundación Abanca en Vigo, a ver unha obra de teatro sobre "A economía", na que a través dos contos explicaba as ilusións dunha nena para poder alcanzar os seus soños.

 

   Fomos comer a Castrelos, onde xogamos un bo anaca, desfrutamos do bo tempo do día, tirámonos en tirolina, sacamos fotos, .... e xa pola tarde visitamos a exposición de Naturnova, onde tivemos ocasión de distinguir diferentes cheiros (lixo, o mar, cheiro a peixe, a fume,...etc.), xogar nos ordenadores (usar google maps, puzzles, ...etc.), pero sen dúbida o mellor da tarde foi que nos subimos nun simulador de submariño que nos levou de visita virtual pola Ría de Vigo ensinándonos plantas mariñas e peixes de moitas clases.

 

Pasámolo xenial!

Aquí vos deixamos as fotos do día:

 

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Picture slideshow made with Smilebox

SAÍDA ALIMÉNTATE BEN BAIONA 2016

Os nenos e nenas de 3º de primaria desfrutaron dunha saída a Baiona como actividade complementaria do Proxecto Aliméntate ben. Visitaron  a lonxa, o Porto, a Casa de Navegación e a Praza de Abastos de Baiona. Deixámosvos aquí a montaxe das fotos onde se apreza que o pasaron moi ben.  

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free slideshow by Smilebox
Distribuir contido


   

Bibliotecas Escolares Radio na Biblio

Plan Dixital   Plan Proxecta

by Dr. Radut