Skip to Content

ANPA

Visita a Milhulloa

MILHULLOA

O pasado 27 de outubro o alumnado de primaria puido visitar Milhulloa Sociedade Cooperativa Galega (Palas de Rei) grazas a unha subvención que se solicitou á Deputación de Lugo.

Milhulloa

Cooperativa de marcado carácter feminino enfocada á produción de herbas medicinais en ecolóxico. Na cooperativa tamén elaboran infusións, especias, grelos e outras hortalizas deshidratadas. Adícanse a venda e distribución en tendas locais e a través do comercio electrónico. Fan actividades formativas e realización de obradoiros sobre a elaboración de produtos artesáns

O alumnado realizou as seguintes actividades:

 Realizou unha visita guiada pola fábrica e cultivos de plantas medicinais, identificación das especies.

 

 Obradoiro de propagación de plantas e elaboración dun dentífrico co extractos medicinais. Cata de infusións.

 

 

Reunión da ANPA

O día 15 ás 15:15 horas teremos reunión da ANPA

Temas a tratar: 

1.    

Actividades realizadas no pasado curso. 

2.    

Actividades pendentes de realizar e subencións que nos condederon.

3.    

Cursos de natación.

4.    

Actividades extraescolares. 

5.    

Socios/as actuales e novos/as socios. 

6.    

Estado de contas.

7.    

Rogos e preguntas.

Convidamos a todas as familias do colexio a participar!

Circuíto de Cinema infantil na súa edición 2023

OS DEMOS DE BARRO (2022)

Animación / Fantasía

Idade: +7

Duración: 84’

Dirección: Nuno Beato

Rosa é unha profesional de éxito que leva unha vida esixente

adicada por completo ao seu traballo. A repentina morte do seu

avó que a criou e de quen se distanciara debido ao traballo, e o

sentimento de non ter correspondido a ese amor, provócanlle un

ataque de estrés que pon en dúbida as súas decisións. Rosa

decide entón,abandoar a cidade e voltar a casa que a viu medrar.

Grazas a unha serie de cartas e pistas, descobre que o seu avó

deixoulle unha importante tarefa que a axudará a facer as paces

consigo mesma e cos demais, mentras repara os erros do pasado

do seu avó.

Enlace: https://cinenarua.com/producto/os-demos-de-barro/

Xornada Saúde Mental en Contextos Educativos

Bo día:

 

Achego información sobre a "Xornada Saúde Mental en Contextos Educativos: Contribución da Psicoloxía ao benestar emocional e ao rendemento académico".

 

Os doce asinantes estatais do manifesto polo benestar da comunidade educativo, entre os que está o Consejo General de la Psicología de España, promoveron esta Xornada para analizar e debater os factores que afectan á saúde mental e o benestar do profesorado, estudantado e as súas familias, así como reclamar, desde o rigor científico e profesional, aquelas medidas que se consideran necesarias para promover unha mellor saúde mental nos contextos educativos.

 

Asistencia presencial ou online previa inscrición gratuíta.

 

ONDE: Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da Universidad Complutense de Madrid e retransmisión en Internet.

 

CANDO: Venres, 3 de febreiro de 2023, de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas.

 

INFORMACIÓN, PROGRAMA E INSCRICIÓNS: https://bienestareducativo.org/jornadas/

 

 

 Saúdos

 

VII Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos

Bo día,

 

Desde o Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, convocan o VII Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos con motivo do Día Europeo da Protección de Datos (celebrado o pasado 28 de xaneiro).

 

Está dirixido a nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria e alumnas e alumnos de 1º a 4º de ESO. O alumnado poderá presentar os seus traballos literarios ata o 28 de febreiro.

 

Pódense consultar as bases do concurso na web do CPEIG https://www.cpeig.gal/ ou no documento que se xunta.

 


Un saúdo.

Obra de teatro "O vixilante dos soños"

O 22 de decembro vai a representarse no colexio a obra de teatro: 

O vixilante dos soños

“Desde pequeno Sonólicus durme ben pegadiño á fiestra e o último que ve antes de pechar os ollo é a faciana redonda e resplandecente da lúa”.

Así é como empeza a aventura dun neno que vai medrando cunha inmensas ganas de chegar á lúa para saber se é dura ou branda; se é fría ou quente; se áspera ou suave.

Para poder chegar a ela amorea caixas e escadas, hipnotiza paxaros, e até tenta gardar o seu reflexo nos espellos. Pero o que máis fai é saltar e estirar os brazos cara o ceo para collela..."

22 decembro Apalpadora

O día 22 de decembro a Apalpadora visitará o CEIP Plurilingüe do Páramo.

 

https://www.facebook.com/apalpadora

 

Representación da obra de teatro "Tecedoras de soños" (Subvención da Deputación de Lugo - Cultura - Solicitada pola ANPA)

ALENTÍA TEATRO

1.- TÍTULO: Tecedoras de soños

2.- SINOPSE:

            Espectáculo que dramatiza varios contos RELATADOS POR AVOAS, NAIS, ESCRITORAS, MOZAS, NENAS... que ofrecen unha visión da lectura como ferramenta que fomenta valores como A SOLIDARIEDADE, O TRABALLO EN GRUPO, O RESPECTO AO MEDIOAMBIENTE, A IGUALDADE DE XÉNERO, A CULTURA DA PAZ.  

            Trátase, pois, dun espectáculo que pretende alentar o desfrute dos sentidos converténdoos en ferramenta subversiva que contribúa a crear un mundo onde todas as persoas sexan tratadas de igual a igual. Voa, se queres. Constrúe o teu paraíso. Nós imaxinamos o noso. Un mundo que baila, que soña, que vibra… todo PARA TI! ARRIBA O PANO!

Tecedoras de soños

Bela e o circo máxico (Deputación de Lugo - CICLO DE CINE NA RÚA)

20 de outubro

Película no colexio:

Bella e o circo Máxico é unha película sobre o valor da amizade e a importancia dos amigos, porque a felicidade e autoestima dos nenos a miúdo está ligada a súa relación con outros rapaces.

Fala tamén da importancia de ser un mesmo e do respeto aos demais, aínda que sexan diferentes.

Película

Excursión 3 de outubro (Subvención da Deputación de Lugo - Solicitada pola ANPA)

EL PAÍS DEL ABEYEIRO

1.- Nome da granxa: El país del Abeyeiro

2.- Localización: Aldea de Pena da Nogueira, Negueira de Muñiz

Coordenadas: 43.08921764133165, -6.926923880921366

https://goo.gl/maps/GeUkixUoTX2Pqk4G6

3.- Actividades:

 Ecomuseo vivo sobre o mel, a apicultura tradicional e os polinizadores silvestres, con actividades de educación ambiental

Excursión

Distribuir contido


by Dr. Radut