Skip to Content

Orientación

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS

OBRADOIRO: PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS.

(28-04-2022)

 

A escola ten demostrado ser un contorno ideal para a posta en práctica de actuacións preventivas que eviten ou diminúan a probabilidade de aparición de problemas futuros (a nivel persoal e/ou social). Neste sentido, unha das finalidades da educación é a formación integral do alumnado, favorecendo o seu desenvolvemento cognitivo, afectivo, social e físico. A esta finalidade contribúen as áreas, pero tamén os denominados temas transversais, entre os que se atopa a "educación para a saúde";entendida como un proceso de formación da persoa enfocado a adquisición de coñecementos e hábitos que promovan a defensa da saúde individual e colectiva. Dentro da educación para a saúde, a prevención no consumo de drogas é unha das áreas de referencia no traballo con población adolescente e preadolescente. Unha das maneiras de desenvolver na práctica os contidos propios da educación para a sáude é acción titorial.

Departamento de orientación, ten entre as súas funcións apoiar iniciativas e actuacións en relación coa acción titorial. Así as cousas, contado coa colaboración da da asociación "Bordón sarriao", desenvolveuse un obradoiro sobre a prevención do consumo de drogas, entre o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria. Durante estas charlas abordáronse temáticas como o tabaco, o alcol e os seus efectos na saúde. Unha das actividades que máis entusiasmou ao alumnado foi poder experimentar (cunhas gafas de recreación virtual) os efectos do alcohol sobre o equilibrio e as facultades mentais e físicas, instando a reflexionar sobre como pode afectar esta droga na conducción ou na nosa vida diaria.

O alumnado experimenta coas gafas de recreación virtual como inflúe estar "baixo os efectos do alcol" no equilibrio no clásico xogo de "rayuela". 

 

ALUMNADO DURANTE A PANDEMIA

ALUMNADO DURANTE A PANDEMIA, CONSELLOS PARA FAMILIAS.

(Maio 2021)

 

Achego algúns consellos para axudar ás familias a mellorar a xestión das emocións no alumnado durante esta época de pandemia.

Fonte: Ministerio de Sanidade.

FOMENTAR O BENESTAR EMOCIONAL EN TEMPOS DE CORONAVIRUS: XESTIÓN DAS EMOCIÓNS (2)

A situación de restricións que levamos soportando dende hai case un ano é estresante para todos (nenos/as, pais…). O feito de non poder facer vida "normal" pode pesar sobre o ánimo de cada persoa. Por suposto, esto sempre depende de cada individuo, hai a quen lle afecta moito e a quen case non lle afecta. Para os que vos encadrades dentro do primeiro grupo, continúo a subir algún recurso para axudarvos no voso benestar emocional. Neste caso, propoño dúas actividades para continuar mellorando no dominio das emocións. Agardo vos gusten. E si tedes dúbidas, xa sabedes a miña mail, contactádeme.

 

(COP Madrid, 2017. Manual de ejercicios de psicología positiva aplicada).

FOMENTO DO BENESTAR EMOCIONAL EN TEMPOS DE CORONAVIRUS: EMOCIÓNS EN FAMILIA.

O tempo de xogo é un dereito d@s nenos e nenas recoñecido por UNICEF, así que non todo vai a ser facer tarefas. Pero non só é un dereito do menor, senón tamén unha magnífica fonte de aprendizaxe que estimula a creatividade, a imaxinación, a motricidade fina e grosa, etc. Esta situación de pandemia está a esgotarnos emocionalmente a todos (adultos e nenos), así que achego unha proposta para aprender a coñecer e xestionar as emocións, xogando en familia.  

O adxunto tamén por si non se ve ben aquí abaixo.

COMO SOLICITAR A INTERVENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR A INTERVENCIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

Cando un alumno/a presenta dificultades no seu proceso educativo e/ou de ensino-aprendizaxe  pódense seguir unha serie de pasos:

PASO

ACCIÓN

AXENTE

ACTUACIÓNS

Detección de

dificultade

Profesorado,

Familia

Medidas de reforzo, valoración das competencias básicas, comunicación titor/a, e á familia

Persiste a dificultade. Reunión do equipo docente

Profesorado  e xefatura de estudos

Ampliación de medidas de reforzo, incluído apoio ordinario

Solicitude de asesoramento

Mestras de PT /AL ou orientador

Suxestións

Solicitude de intervención DO/ Demanda de avaliación psicopedagóxica

Profesorado,

Titor-a que detectou dificultade e/ou Familia

Documento derivación: Cuestionario de Solicitude de Avaliación Psicopedagóxica.

 

No caso de que as dificultades persistan e de que as medidas adoptadas correspondentes aos pasos 1-3 non deran os resultados agardados, pódese solicitar a intervención do Departamento de orientación (paso 4°). 

Tal e como recolle a normativa vixente (Artigo 34.3. do Decreto 229/2011 polo que se regula a atención á diversidade) "Os servizos de Orientación deberán deseñar e elaborar os correspondentes protocolos de demanda de avaliación psicopedagóxica. Os procedementos para esa demanda daranse a coñecer á comunidade educativa"

 

Conforme o establecido no Plan Xeral de Atención á Diversidade do Departamento de Orientación do CPI Ramón Piñeiro; o procedemento para solicitar a intervención/ avaliación psicopedagóxica por parte do Departamento de Orientación é o seguinte:

1) A persoa que fai a demanda (Titor/a ou Familia) porase en contacto co xefe do Departamento de Orientación e comunícalle o seu interese en que se lle realice unha avaliación psicopedagóxica ao alumno/a en cuestión.

2) A persoa solicitante (Titor/a ou Familia) cubrirá o Cuestionario de Solicitude de Avaliación Psicopedagóxica.  Este cuestionario pódese opter por dúas vías: o proporciona o propio orientador ou descargándoo nesta web.

3) A familia do alumno (nai/pai ou titor/a legal) cubre e asina a Autorización de avaliación psicopedagóxica (anexa ao Cuestionario).

4) A persoa solicitante fai entrega ao xefe do Departamento de Orientación dos dous documentos (Cuestionario e Autorización da familia). Hai dúas opcións de entrega:

- Persoalmente ao xefe do Departamento de Orientación.

- Vía mail (escaneado): psicologiaypedagogia2@gmail.com

 

*NOTA: todos os documentos persoais do alumno/a (informes médicos, informes de servizos externos, etcsoamente serán aceptados si se entregan persoamente ao xefe do Departamento de Orientación ou na mail anteriormente referida.

 

 

Teatro de educación emocional

O alumnado de E. Infantil participou nunhas sesións  teatrais relacionadas coa educación emocional e iguadade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut