Escolares

Videos do Festival

Para aqueles que non puideron asistir, ou para quen queira repetir, velaí tedes os videos!

Pregamos paciencia porque tardan en subir.

 

Festival Fin de Curso

Este venres día 3 de xuño fixemos o festival de fin de curso. 

Aquí tedes as fotos! Grazas a todos por vir a ver aos nosos artistas.

Adeus Regina!

A nosa axudante lingüística Regina volve a súa terra, así que fixemos unhas fotiños de recordo.

Esperemos que teña unha boa viaxe e desexámoslle o mellor de corazón. Grazas por todo Regina!

The Very Hungry Caterpillar

Na clase de infantil traballaron o conto da eiruga de Eric Carle e fixeron a súa propia eiruga e bolboreta. Se queredes ver as fotos ide ao blog de inglés.

8 de marzo: dia da muller traballadora

Mañá celebraremos o día da muller traballadora.

Aquí vos deixamos un enlace para que vexades o grande número de mulleres galegas importantes coas que contamos e dende tódolos ámbitos: científico, relixioso, cultural,etc.

Tamén vos recordamos que no blogue da nosa biblioteca temos varios enlaces con xogos para os nos@s alumn@s.

Esperamos que vos gusten.

En infantil e primeiro curso tiveron unha homenaxe especial neste día. Os primeiros fixeron uns debuxos sobre as mulleres máis importantes das súas vidas, mentres os segundos fixéronlle una carta a unha muller traballadora que fose un exemplo para eles.

Este foron os resultados.

Celebración do día de Rosalia

 
Aquí estan unhas fotos dos murais que fixemos pola celebración do día de Rosalía de Castro. Tamén cantamos a canción de "Adeus ríos, adeus fontes" de Amancio Prada.
Rosalía - Kizoa Movie Maker

Obradoiro de papel reciclado

Onte tivemos un taller sobre papel reciclado. Primeiro cortamos o papel de xornal en tiras e o mezclamos con auga.

Despois trituralo cun batedor e peneiralo. Cando quedaba feita a folla de papel había que secala cun pano e poñela a secar.

Mirade as fotos!

 

 

Saída a Castrelos

En outubro tivemos unha saída ao Pazo Quiñones de León.

Para ver as fotos podedes visitar o blogue de infantil.

Xadrez no cole

O venres día 29 de novembro tivemos unha actividade de iniciación ao xadrez.

Aprendemos os movementos iniciais do xadrez e practicamos na pizarra dixital.

Xadrez on PhotoPeach

 

Powered by Drupal - Design by artinet