Skip to Content

COMUNICADO ÁS FAMILIAS DO CEIP PARAIXAL

Estimadas Familias:

Desexando que a saúde física e anímica de todo o voso entorno sexa positiva, queremos facervos chegar a seguinte información. Pregamos leades con detemento esta información xa que é clave para entender aspectos básicos cara ao desenvolvemento deste trimestre:

Situación actual do terceiro trimestre

O martes 28 de abril, foron publicadas as Instrucións definitivas da Consellería de Educación para o desenvolvemento do terceiro trimestre. Estas instrucións, conxuntamente coa Orde do Ministerio de Educación e Formación Profesional regularán o desenvolvemento básico para o terceiro trimestre, o final de curso e o inicio do curso escolar 2020-2021, con carácter excepcional. Ao mesmo tempo comentar, dende o Goberno están a planificar a situación de desescalada do estado de alarma, polo que cada día ou semana teremos posibilidade de novas instrucións.

A dirección e o equipo docente irá informando sobre os acordos definitivos que modifiquen calquera situación actual do contexto educativo.

Avaliación e Promoción:

A avaliación final das aprendizaxes do alumnado durante o curso 2019-2020 considerará en conxunto as avaliacións de todo o curso, valorando especialmente o grao de desenvolvemento das aprendizaxes e das competencias imprescindibles previamente definidas. Realizarase sobre as aprendizaxes desenvolvidas nos dous primeiros trimestres así como as actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que se desenvolvan durante o terceiro trimestre sempre e cando se beneficie ao alumnado.

O equipo directivo e o equipo docente velarán polo mellor trato e valoración do alumnado de cara á finalización do curso, priorizando a promoción e optando pola repetición soamente en casos extraordinarios, debidamente argumentados e con un plan de reforzo especial para o vindeiro curso escolar. Este trimestre será de carácter diagnóstico e de reforzo, sendo os dous primeiros a referencia básica para calquera decisión sobre promoción.

Tarefas e traballo educativo no terceiro trimestre

Durante o terceiro trimestre desenvolveranse actividades de recuperación, repaso, reforzo e, no seu caso, ampliación das aprendizaxes anteriores que resulten necesarias para todo ou parte do seu alumnado. As tarefas propostas son recomendacións para manter rutinas de traballo. O equipo docente fará un seguimento das mesmas  pero non haberá avaliación nin cualificación das mesmas cara as notas finais do curso.  As distintas tarefas estarán a disposición do alumnado e das familias na Aula virtual e Blogues de aula.

Volta ás aulas

A data de hoxe aínda está en fase de estudio por distintos Ministerios (Sanidade, Educación) a posibilidade da volta ás aulas no final do curso. Pregamos ser cautelosos e atender aos comunicados recibidos dende o centro educativo.

Reorganización do terceiro trimestre

Os equipos docentes de cada curso,  adaptarán a programación didáctica das ensinanzas correspondentes a cada área. Seran publicadas na páxina web do centro

 

Moito ánimo, xa queda pouco para o encontro presencial desexado

A dirección



page | by Dr. Radut