Skip to Content

Complementarias

Excursión a Xanceda

O NOSO HORTO

Os alumnos de 3º e 4º seguimos coidando do noso horto e agora tócanos regar, quitar as malas herbas, etc...
Nestes dias aproveitamos para plantar xeranios e bulbos doutras plantas..

A continuación podedes ver o noso traballo.

                                           

Concerto didáctico

Vigo recicla

Hoxe tivemos no colexio a actividade de Vigo recicla onde revisamos como clasificar os diferentes residuos. Primeiro repasamos cos monitores os diferentes contenedores de lixo e qué debemos poñer en cada un deles, e despois, cunha pantalla dixital fixemos un xogo no que tiñamos que clasificar os residuos.

 

OBRADOIRO DE IGUALDADE

Este mércores tivemos un Obradoiro de Igualdade, no que aprendimos que todos somos iguais e démonos conta do importante que é colaborar nas tarefas da casa. Tendimos a roupa, coidamos dos máis pequenos, limpamos zapatos, etc. Que ben nos sentimos axudando e colaborando cos demáis! Velaquí tedes unha mostra! 

VISITA AO ZOO

O pasado 24 de Febreiro todos os alumnos do colexio visitamos o Zoo. Foi moi interesante, nos ensinaron que algúns animais teñen cornas, que son distintas os cornos, que o leopardo e a pantera son o mesmo animal....

Que ben o pasamos!!!!!

 

Premio de debuxo do Ifevi

O alumno de sexto curso Anxo Fontán Gabriel foi un dos gañadores do premio de debuxo de Nadal do Ifevi.

Aquí aparece con algúns dos outros premiados.

GAÑADORES CONCURSO DEBUXO HOSPITAL VITHAS -FÁTIMA.

Outro ano máis damos a noraboa aos alumnos : Daniela Rodriguez,Estela Rodriguez, Lucas Nievas e Angela Vilar como gañadores do concurso a favor da lactancia materna promovido polo Hospital Vithas-Fátima .

No acto disfrutaron da actuación do pallaso Popín e da entrega de agasallos.

¡¡¡¡ Noraboa a todos!!!!

               

Visita a ARVI

O martes 11 os rapaces de 4º, 5º e 6º visitamos o porto de Vigo e nos explicaron moitas cousas relacionadas coa pesca.

 

MAGOSTO 2014

O venres 7 celebramos o magosto no colexio. Despois do recreo participamos en varios xogos axudados polo rapaces de 6º e5º. Cando rematamos disfrutamos das castañas feitas por Jose. As fotos podedes velas no seguinte ENLACE e no blog de 1º e 2º

Distribuir contido


by Dr. Radut