Skip to Content

Complementarias

PRIMEIROS AUXILIOS

Hoxe tivemos un obradoiro de primeiros auxilios no colexio no que participamos activamente.Aprendemos a facer unha masaxe de reanimación cardiaca a ritmo da Macarena, usamos un desfibrilador... xa estamos listos para salvar vidas no futuro.

Por se isto fose pouco, viu a TVG a ver que ben o facíamos e saímos na televisión. Se pinchades no enlace de abaixo no minuto 38:34 veredes como traballamos a reo.

http://www.crtvg.es/tvg/programas/galicia-noticias-mana

Excursión Illa de San Simón

Os nenos e nenas do CEIP Paraixal fomos de excursión o museo de Meirande e a illa de San Simón. Merendamos e fumos en barco!!!!!!! Foi moi divertido!!!!!

No museo aprendimos sobre a batallade Rande, vimos un galeón por dentro, os buzos... despois fumos a illa de San Simón e vimos as distintas estancias e o paseo dos Buxos,... ademais buscamos un tesouro!!!!! Unhas ricas moedas de chocolate.

 

 

Amorodos

Xa comezamos a recolectar os nosos primeiros amorodos no colexio. Como non temos para todos, teremos que ilos desfrutando pouco a pouco a medida que vaian saíndo, eso sí, deben estar bos polas caras de felicidade que teñen os afortunados!

Correo escolar

Coma tódolos anos co galo das Letras Galegas, facemos un intercambio de correo escolar.

Este ano fixémolo co CEIP Eduardo Pondal e enviamoslle uns marcapáxinas e uns suxeita papeis moi bonitos. Aquí vos poñemos as fotos. 

Esperamos que vos gusten.

Macedonia de primavera

Onte participamos todo o colexio na macedonia de froitas da primavera. Dependendo das clases fixemos diferentes actividades; en primeiro caras coas froitas, en segundo e terceiro batidos, etc.

Mirade as fotos a ver se vos gustan!

 

REciclaxe no paraixal

O Luns 2 de maio os monitores de Vigo Recicla fixeron un taller de reciclaxe na que participaron os nenos de educación primaria

 

Heroes Animados

 
Os nenos e nenas do CEIP Paraixal visitamos o xoves 14 de abril na "Fundación a caixa" a exposición sobre os heroes animados, onde aprendemos un motón de cousas sobre as películas de animación coma "Spirit", "Hotel Transilvania", "Piratas"...
 
Despois fixemos un obradoiro, que ben o pasamos!
 
Aquí deixamos a proba...
 
 

Heroes animados

A semana pasada tivemos unha saída escolar para ver a exposición de Heroes Animados no centro de Abanca.

Alí aprendemos como se fai unha película de animación dende o guión, a producción e o seu estreno.

 

 

Exposición Heroes Animados (Fundación Abanca)

Os nenos e nenas do noso centro visitaron o Xoves 14/04/2016 a exposición dos Heroes Animados
 
 

Plantamos amorodos!

Coa chegada da primavera os nosos nenos e nenas axúdannos a traer ricos froitos para o Paraixa!

Aprendemos as partes dunha planta e o coidado e respecto pola natureza.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut