try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%
CEIP Plurilingüe de Palmeira

11.11.21:CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

 

Estimadas familias:

Informamos que o vindeiro xoves día 11 de novembro celebraremos o tradicional Magosto no CEIPP de Palmeira.

Debido ás medidas de prevención do COVID-19 este ano continuaremos sen poder facer a festa tal e como nos gustaría; con xogos populares, música e todos xuntos no patio. Sen embargo, poderemos degustar as castañas asadas que tanto nos gustan!

O alumnado degustará este froito garantindo as medidas de distanciamento e prevención Covid do centro. Deste xeito manteremos a tradición sen por en risco a saúde do noso alumnado. Agardamos que o alumnado goce moito deste día tan especial.

Por outra banda, o alumnado poderá traer un brick ou envase decorado para gardar as castañas antes de comelas e recoller as súas tonas.

Saúdos, o Equipo de EDLG.

 Como elaborar un cestiño para as castañas.