Skip to Content

Actividades

VISITA DOS BOMBEIROS

Durante o día de onte tivemos o pracer de recibir no noso centro a visita dos bombeiros do parque comarcal de Betanzos. Os máis pequenos puideron vivenciar e experimentar con todo o material de extinción de incendios e poder comprender de primeira man como é o seu traballo no día a día e a importante función que desempeñan para protexer á cidadadanía. Podemos dar fe que os rapaces pasárono fenomenal.

VISITA ESPECIAL EN EDUCACIÓN INFANTIL

O VENRES 31 DE MAIO TIVEMOS A SORTE DE CONTAR EN INFANTIL CO PAI DE MAURO QUE VEU ACOMPAÑADO DUNS AMIGOS MOI ESPECIAIS. MOITAS GRACIAS A JOSE E A MONTEGATTO POR ESTA VISITA.

VISITA PERROS

GRANXA ESCOLA BELELLE

Este luns os nenos e nenas de infantil visitaron a granxa escola Belelle. Fixeron pan, plantaron lentellas, visitaron os animais, traballaron na horta e montaron en poni.

Que ben o pasaron!

Granxa Belelle

OS MAIOS

O pasado xoves celebramos a festividade do Día das Letras Galegas coa construcción do tradicional maio feito coa colaboración do alumnado de 6º E.P. A verdade é que lles quedou moi xeitoso. Durante todo o día, todo o alumnado do centro foi pasando polos diversos xogos e actividades pensadas para a ocasión, e tamén cantaron as cantigas que estiveron a practicar na materia de música durante estas semanas.

Ademais, fíxose entrega dos premios do concurso de relatos curtos. Os premiados foron: Alejandra Rocha (1º E.P.), Hugo Sánchez (2º E.P.), Gabriela Veiga (3º E.P.), Marcos Prieto (4º E.P.), Lucía Rey (5º E.P.) e Asier Marcote (6º E.P.). O premio especial do xurado foi para Valentina Vázquez de 4º de E.P. Parabéns a todos os premiados!!!

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

O alumnado do centro tivo o placer de presenciar o espectáculo "Varietés do animalario" do grupo de teatro O Paporrubio. Durante unha hora, nun contexto humorístico e divertido, a raposa e o lobo vense envoltos nun conflicto pola propiedade dunha pereira con sete peras, á que misteriosamente vanlle desaparecendo as peras. No texto vense cuestionados os roles habituais que teñen a zorra e o lobo na cultura galega de tradición oral; os dous se convirten en vexetarianos, son rexeitadeos polos seus grupos habituais de compañía e acaban sendo compañeiros a causa do amor pola Pereira e as sete peras.

 

PRESUMO DE GALEGO

Durante estas últimas semanas, tanto o alumnado como os mestres do CEIP Oza dos Ríos estivemos a argallar nunha versión da canción "Presumo de galego" do grupo galego Cuarta Xusta. Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, enchemos toda a semana de actividades e xogos que teñen a lingua galega como denominador común. Desexamos que vos guste este video

CHARLA SOBRE ACOSO ESCOLAR

O pasado xoves tivemos a oportunidade de recibir unha charla por parte do persoal da Cruz Roja de Betanzos. A temática da charla destinada aos alumnos de 4º, 5º e 6º de E.P. foi sobre o acoso escolar, prevención do mesmo e concienciación dos nosos rapaces sobre esta problemática tan importante na actualidade.

NAVEGA CON RUMBO

O alumnado de 5º e 6º de E. Primaria tivo a oportunidade de asistir á charla "Navega con Rumbo", unha iniciativa encamiñada a que os rapaces naveguen dunha forma segura pola rede afastandoos do ciberacoso e os introduza no uso responsable das novas tecnoloxías e as redes sociais. Estas charlas son froito dun acordo de colaboración entre o Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia e a Consellería de Educación.

No noso caso, ademais, esta actividade está enmarcada dentro do Plan Dixital do Centro deste curso xa que temos deseñado coma un dos obxectivos do mesmo "acadar un maior coñecemento por parte do alumnado dos riscos e perigos ocasionados por facer un mal uso das novas tecnoloxías por parte do alumnado do último ciclo de E. Primaria" a través da realización de diferentes charlas e talleres de concienciación.

Podedes atopar máis información e consellos na web navegaconrumbo.cpeig.gal

CHARLA SOBRE ACOMPAÑAMENTO EMOCIONAL

Onte 29 de abril, tivemos a oportunidade de asistir ás xornadas "Obradoiro de acompañamento emocional nas infancias contemporáneas" impartidas polo psicólogo e educador social Juan Carlos Permuy, cofundador do gabinete CoidadosAmente. Durante dúas horas fixo un repaso polos puntos chave ao redor do acompañamento emocional en nenos e adolescentes. Nesta ocasión, ademais dos membros do claustro, abrimos á charla ás familias do noso alumnado, cunha moi boa resposta por parte delas. Esta actividade está enmarcada no programa Emociona-T da iniciativa Contratos-Programa CP Inclúe da Xunta de Galicia da que formamos parte nos últimos anos, priorizando o benestar emocional do alumnado na procura dun desenvolvemento integral deste.

Distribuir contido


by Dr. Radut