Skip to Content

Audición e Linguaxe

Actividades Audición e Linguaxe. Semana do 1 ao 5 de xuño do 2020.

Boas tardes familias.

Antes de nada desexar e esperar que todos esteades ben.

Unha semana máis fágovos chegar as actividades para o alumnado de Audición e Linguaxe.

Para calquera dúbida, como sempre, tedes a disposición o correo do centro ceip.oza.rios@edu.xunta.es.

Un abrazo para todos e ánimo que xa queda pouco para o fin do curso.

Silvia Abella.

Actividades Audición e Linguaxe. Semana do 25 ao 29 de maio 2020.

Estimadas familias:

 Como cada semana déixovos aquí as tarefas para o alumnado de Audición e Linguaxe.

 Espero que todos sigais estando ben e desexarvos unha boa semana.

 Para calquera dúbida, como sempre, tedes a disposición vosa o correo do cole ceip.oza.rios@edu.xunta.es especificando no asunto "nome do alumn@ Audición e Linguaxe".

 Un abrazo.

 Silvia Abella.

Actividades Audición e Linguaxe. Semana do 19 ao 22 de maio 2020.

 

Ola familias:

 

Antes de nada desexarvos que esteades todos ben e que esteades a gozar da ¨ponte¨ agora que podemos visitar aos nosos familiares e amig@s.

 

Déixovos as actividades para esta semana e como sempre se me necesitades para calquera dúbida podedes mandar unha mensaxe ao correo do cole ceip.oza.rios@edu.xunta.gal escribindo en asunto "nome do alumn@ Audición e Linguaxe".

 

Un abrazo para tod@ s e en especial para @s mais pequen@s.

 

Silvia Abella.

Actividades Audición e Linguaxe. Semana do 11 ao 14 de maio 2020.

 

Estimadas familias:

Facilítovos as actividades desta semana.

Lembrar que ao ser festivo o venres 15 de maio, se necesitades imprimir as actividades no concello, hai que facelo un día antes, o martes 12 de maio, para que o concello poda imprimir o mércores e así poidan chegar a tempo.

Para calquera dúbida, lémbrovos o correo do cole ceip.oza.rios@edu.xunta.gal escribindo no asunto "nome do nen@ Audición e Linguaxe".

Espero que sigades todos ben.

Un abrazo.

Silvia Abella.

Actividades Audición e Linguaxe. Semana do 4 ao 8 de maio 2020.

 

Estimadas familias:

Compártovos como cada semana novas actividades para o alumnado de Audición e Linguaxe.

Espero que sigades estando todos ben.

Un abrazo.

Silvia Abella.

Actividades Audición e Linguaxe. Semana do 27 ao 30 de abril 2020.

Estimadas familias:

Recordade que para encontrar o traballo dos vosos fillos debedes de premar no curso correspondente para encontrar as tareas recomendadas para esta semana.

Se tedes algunha dúbida e/ou solictar máis material podedes mandar un mail a ceip.oza.rios@edu.xunta.gal escribindo no asunto "nome d@ alumn@ Audición e Linguaxe".

Moito ánimo a tod@s.

Un abrazo.

Silvia Abella.

Actividades Audición e Linguaxe. Semana do 20 ao 24 de abril 2020.

Estimadas familias:

Neste apartado poderedes encontrar as actividades para @s alumn@s de Educación Infantil e de Educación Primaria que asistían á aula de Audición e Linguaxe.

Para protexer as identidades d@s alumn@s que asisten a esta especilidade titulei cada documento por curso, de maneira que cada familia, segundo o curso do seu fill@ poderá descargar a actividade que lle corresponde.

Son actividades de repaso do primeiro e segundo trimestre que publicarei semanalmente e que, por suposto, son de carácter voluntario.

Se tedes algunha dúbida e/ou solicitar máis material podedes mandar un mail a ceip.oza.rios@edu.xunta.gal escribindo no asunto "nome d@ alumn@ Audición e Linguaxe".

Moito ánimo a tod@s.

Un abrazo.

 

Silvia Abella.

 

RECOMENDACIÓNS AUDICIÓN E LINGUAXE

Estimadas familias:

 

Adxuntamos unha nova mensaxe Silvia, mestra de AL, e novas recomendacións.

Un saúdo

Distribuir contido


by Dr. Radut