Skip to Content

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

XOGO DE MESA DO CAMIÑO DE SANTIAGO

 

O noso alumnado de 5º e 6º de E.P. tivo a oportunidade de descubrir fai uns días o xogo de mesa "Ultreia". Aproveitando que durante este curso estamos a desenvolver en todas as etapas do centro o proxecto interdisciplinar que ten o Camiño de Santiago como fío condutor, os rapaces recibiron a visita das creadoras do xogo e puideron escoitar de primeira man cales eran os obxectivos e as reglas do mesmo. Abofé que os nosos rapaces pasaron un bo rato.

 

 

 

 

 

   

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ACTIVIDADES DE SAMAÍN

 

Deixámosvos nesta entrada o video montaxe que fixemos coas fotos das actividades que fixemos no centro co gallo da celebración do Samaín e do Magosto. Desexamos que vos gusten.

 

ACTIVIDADES DE SAMAÍN

 

Deixámosvos nesta entrada o video montaxe que fixemos coas fotos das actividades que organizamos co gallo da celebración do Samaín e o Magosto. Desexamos que vos gusten. 

ACTIVIDADES SAMAÍN

Video montaxe coas fotos das actividades que realizamos no centro co gallo da celebración de Samaín. Esperamos que vos guste.

Video Ricardo Carvalho Calero

Ola familias !                                                                                                                                                                   

    Dende o equipo de nomalización lingüística poñemos a vosa disposición este fermoso video da actriz Cristina Collazo  onde se mete na pel de Valentina Andrade , alumna do escritor , político e mestre Ricardo Carvalho Calero , homenaxeado nas Letras Galegas de este ano 2020.         

      Valentina descríbenos a Carvalho en todas as súas facetas ademáis de ofrecernos a representación da peza teatral infantil "As pitas baixo a choiva"  do autor ferrolán.

    Para poder visualizar este interesantísimo vídeo deberedes introducir unha contrasinal que recibiredes pola aplicación TOKAPP , no caso de que algunha familia non a teña descargada nos seus dispositivos podédela solicitar no correo do cole  ceip.oza.rios@edu.xunta.gal

Distribuir contido


by Dr. Radut