Arquivo
- Xuño 2017 (8)
- Maio 2017 (3)
- Abril 2017 (1)
- Marzo 2017 (3)
- Xaneiro 2017 (4)
- Xuño 2016 (5)
- Maio 2016 (3)
- Abril 2016 (2)
- Marzo 2016 (4)
- Febreiro 2016 (1)
- Xaneiro 2016 (2)
- Decembro 2015 (7)
- Novembro 2015 (5)
- Outubro 2015 (7)
- Septembro 2015 (2)
- Xuño 2015 (1)
- Maio 2015 (4)
- Abril 2015 (7)
- Marzo 2015 (1)
- Febreiro 2015 (5)
- Decembro 2014 (1)
- Novembro 2014 (9)
- Outubro 2014 (6)
Artigos recentes
MOMENTOS NA BIBLIO | hai 9 anos 34 semanas |
LIBRO PROPOSTO: A MÁSCARA DO LEÓN | hai 9 anos 34 semanas |
A HISTORIA DE SAISA. | hai 9 anos 34 semanas |
BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!! | hai 9 anos 34 semanas |
AMBIENTANDO PARA O SAMAÍN | hai 9 anos 34 semanas |
Contido popular
- MOMENTOS NA BIBLIO
- GRUPOS DO CLUB DE LECTURA
- RESULTADOS DAS ENQUISAS DA BIBLIOTECA
- CONTACONTOS NO RECREO
- TALLER DE BANDEIRAS
- MAPA DE MITOS E LENDAS DE GALICIA
- 100 ANOS DA HISTORIA DE OUTES (1880-1980)
- OUTES TV TOMAS FALSAS
- PROXECTO EXPLORANDO OUTES
- FORMACIÓN DE USUARIOS
- LIBRO PROPOSTO: A MÁSCARA DO LEÓN
- DÍA DA MULLER
- COÑECENDO OUTES: AS FESTAS POPULARES
- CURTAS NO RECREO: TRABALLO INFANTIL.
- COMEZA O CLUB DE LECTURA!
- SAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXES
- A CINCENTA QUE NON QUERÍA COMER PERDICES...
- UN DÍA COMA HOXE NACE ROSALÍA DE CASTRO...
- EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA
- AGASALLA UN PRÉSTAMO
- PEPA NIETO E MATEMÁTICAS
- AMBIENTANDO PARA O SAMAÍN
- SAISA DAVOS A BENVIDA!
- TALLER DE BANDEIRAS PARA EI
- SAISA VISITA AS CLASES
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
Today's popular content
- MOMENTOS NA BIBLIO
- UN DÍA COMA HOXE NACE ROSALÍA DE CASTRO...
- OUTES TV TOMAS FALSAS
- XORNADA DE PORTAS ABERTAS: FIN DO PROXECTO COÑECENDO OUTES
- AXUDA PARA BUSCAR INFORMACIÓN DOS MITOS E LENDAS
- LIBRO PROPOSTO: A MÁSCARA DO LEÓN
- A HISTORIA DE SAISA.
- PARCHÍS NOS RECREOS
- RESULTADOS DAS ENQUISAS DA BIBLIOTECA
- OUTONEANDO EN OUTES!
- SAISA VISITA AS CLASES
- INVITAMOS Á ALCALDESA DE OUTES ÁS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS.
- TALLER DE BANDEIRAS
- PROXECTO EXPLORANDO OUTES
- COMEZAN OS COLABORADORES DA BIBLIOTECA
- DÍA DA MULLER
- COÑECENDO OUTES: AS FESTAS POPULARES
- BIBLIOVIAXAMOS CON SAISA NO FESTIVAL DE FIN DE CURSO!
- SAISA DAVOS A BENVIDA!
- NOVAS INSTALACIÓNS DA BIBLIOTECA DE SAISA
- CURTAS NOS RECREOS
- MARTES DE CURTAS
- ARRANCA O CLUB DE LECTURA
- MÉRCORES DE CONTACONTOS
- 100 ANOS DA HISTORIA DE OUTES (1880-1980)
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »
Navegación
Contido popular
Título | Resumo |
---|---|
MOMENTOS NA BIBLIO |
|
UN DÍA COMA HOXE NACE ROSALÍA DE CASTRO... |
O 24 de Febreiro de 1837 nacía en Padrón Rosalía de Castro. unha das máis importantes poetisas galegas de todos os tempos. Ata Google lle adica o seu doodle hoxe!
Dende o equipo da biblioteca do noso cole querémosvos recomendar que miredes esta presentación feita polos compañeiros e compañeiras do Equipo de Dinamización Lingüística e da Biblioteca do CEIP da Pobra do Caramiñal "Pilar Maestú Sierra". Disfrutade da nosa literatura cos fermosos versos de Rosalía!
E para os máis pequenos aquí vos deixamos a cantiga 'Rosalía pequeniña' o título libro-disco de Uxía na Editorial Galaxia (colección Sonárbore, 2013), ilustrado por Marina Seoane.
|
OUTES TV TOMAS FALSAS |
Outes TV é o produto final do proxecto proposto pola equipo da Biblioteca "COÑECENDO OUTES" deste curso 2015-2016 realizado polo alumnado de 3º de Educación Primaria. Aquí vos deixamos un adianto coas "tomas falsas", esperamos que vos gusten.
|
LIBRO PROPOSTO: A MÁSCARA DO LEÓN |
QUE FARÍAS TI SE TES QUE DAR MEDO E NON QUERES? Propoñémosche o seguinte libro para que o averigües!
A Máscara do León. Autoras: Margarita del Mazo e Paloma Valdivia OQO Editora
Se che gustou o libro non te podes perder as seguintes actividades relacionadas con el.
CONVÍRTETE NUN EXPERTO EN VOCABULARIO CO SEGUINTE PASAPALABRA! Pica na imaxe.
E QUE VOS PARECEN ESTES PUZZLES? Pica nas imaxes para ir a eles.
Caetano Veloso ten unha cantiga ben bonita con título de Leaozinho. Tamén o conto ten a súa propia cantiga! Os nenos e nenas do CPI dos Dices, en Rois, fixeron unha adaptación utilizando a técnica do Stop Motion (movendo os personaxes e facendo fotos de cada movemento), gústavos? |
A HISTORIA DE SAISA. |
Buscando no ordenador da biblio apareceu este interesante vídeo que nos conta a historia de Saisa, a nosa mascota. Saisa veu vivir a Outes fai uns anos procedente doutro planeta lonxano, de seguro que os que chegástedes novos este ano (profes e alumnos-as) non coñecedes como fixo para acabar no noso cole. Queredes descubrilo? Pois aquí vos deixamos o conto.
Saisa from CEIP Serra de Outes on Vimeo. |
RESULTADOS DAS ENQUISAS DA BIBLIOTECA |
Fai unha temporadiña pedímosvos colaboración para coñecer os vosos hábitos lectores realizando unhas sinxelas enquisas. Aquí están os resultados. Parabéns porque estades feitos uns devoradores de libros! Agora con estes datos as persoas que formamos o equipo da biblio xa temos moito máis claro cales son os xéneros literarios que máis vos gustan, que títulos podemos mercar para que veñades a buscalos e que outros podemos dinamizar para que vos acheguedes a eles. Unha vez máis, moitas grazas a todos e todas por colaborar e prestarnos uns segundiños do voso prezado tempo.
|
OUTONEANDO EN OUTES! | |
SAISA VISITA AS CLASES |
Estes días Saisa andivo polas clases de excursión repartindo libros sobre culturas, acertixos e globos para realizar un Sistema Solar entre todos. Esta Saisa é moi curiosa! Tamén quere saber que significa iso do Solsticio de Inverno e que relación ten co noso Nadal! Vide vela á biblio, ás veces está moi aburrida... |
TALLER DE BANDEIRAS |
A actividade consistiu en que os nenos e nenas que quixeron anotarse participaron na elaboración de bandeiras para colocar como adorno na sala de consulta. Esta é unha tarefa máis dentro do proxecto multicultural de SAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXES que contribúe a convertir a biblio non so en lugar de lectura se non tamén en centro de recursos e lugar de aprendizaxe. Esta tarefa vai na liña temática que se propón para este ano dende a Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia que ten por título Biblioteca Escolar Matemático… O alumnado traballou en grupos cooperativos e heteroxéneos. Os máis pequenos tiveron a función de pintores, expertos en tesoiras e criptógrafos (tiñan que descifrar unha mensaxe escrita coa linguaxe marítima dos barcos que, “casualmente”, tamén son bandeiras). Os máis maiores convertíronse en investigadores, buscando en internet como eran as cores da bandeira do seu grupo, e deseñadores. Esta última tarefa era máis complicada pois tiñan que resolver unha ecuación matemática que mesturaba xeometría e fraccións. Dado un rectángulo de altura A, sendo A=10 cm, había que calcular a base de valor 3/2 de A. A cousa non acababa aquí pois dentro da propia bandeira as proporcións das franxas dependían do país que lle tocara. Saisa está feliz coa vosa visita e tamén co bonita e multicultural que quedou a biblio! Volvede cando queirades!
|
DÍA DA MULLER |
O domingo 8 de marzo celebrouse o Día da Muller. Dende o equipo da biblioteca animámosvos a que veñades ler os libros que están na mesa da entrada e que teñen como protagonistas ás mulleres. Algúns deles sonaranvos pois alí atoparedes a "Arturo e Clementina" de Adela Turín. Este é o libro orixinal que lle escoitástedes contar á contacontos do venres na Casa da Cultura. Dende a biblioteca aquí vos deixamos o conto de Rosa Caramelo que non coñeceredes pero que de seguro vos gustará moito! E ti que prefires? Ser rosa ou gris? Así mesmo tamén nos gustaría mostrarvos unha fermosa cantiga de Guadi Galego titulada MATRIARCAS e que fala, precisamente, da importancia das mulleres galegas e a súa labor na vida cotiá. A SAISA esta cantiga recórdalle ás bonecas que viu cando visitou Rusia. Chamábanse ata parecido: MATRIOSHKAS Se queredes saber que son e que simbolizan estas peculiares bonecas picade AQUÍ. En Galicia o pintor galego LEANDRO LAMAS, fixo un cadro moi bonito representando ás mulleres galegas de diferentes xeracións como MATRIARCAS OU MATRIOSKAS. Se picades no cuadro accederedes ao blog deste pintor e saberedes máis cousas sobre el.
Feliz DÍA DA MULLER! |
PARCHÍS NOS RECREOS |
Os xoves nos recreos na biblio hai campeonatos de parchís. Aquí vos deixamos uns instantes do xogo! |
PROXECTO EXPLORANDO OUTES |
O equipo da biblioteca pon á vosa disposición, tanto para o alumnado como para o profesorado, unha páxina recopilatoria de recursos en rede que falan de Outes e, proximamente, tamén se vos pasará un dossier con información de interese sobre o concello. Esperamos que vos sirva de axuda. Podedes atopar esta páxina picando na imaxe e tamén, de forma permanente, entrando no blog da biblioteca no enlace de nome PROXECTO OUTES da parte superior lateral esquerda.
Compartimos tamén esta interesante infografía sobre o traballo por proxectos por se puidera ser do voso interese. Na biblioteca haberá unha exposición permanente con libros que atopamos relacionados co concello de Outes. Bo inicio de proxecto a todos! |
COMEZAN OS COLABORADORES DA BIBLIOTECA |
Unha vez feita a formación de usuarios comezan os colaboradores de 5º e 6º a axudarnos nos recreos. Aquí vos deixamos unha mostra do seu traballo, esta vez aprendendo a usar o programa MEIGA para os préstamos e devolucións.
|
XORNADA DE PORTAS ABERTAS: FIN DO PROXECTO COÑECENDO OUTES |
As familias visitan a nosa exposición deixando a súa pegada no mural dos "outienses" e vendo o documental sobre outes de OUTES TV. |
AXUDA PARA BUSCAR INFORMACIÓN DOS MITOS E LENDAS |
Ola nenos e nenas! Deixámosvos aquí unha pouca axuda para para buscar información do mito ou lenda sobre o que estades investigando. Trátase de unha páxina de Symbaloo na que tedes acceso a varios enlaces nos que poderedes atopar información útil. só tedes que picar na fotografía, e cando se abre a nova páxina no recadro que leva por título "Mitos e lendas"
Moita sorte na investigación!
|
INVITAMOS Á ALCALDESA DE OUTES ÁS XORNADAS DE PORTAS ABERTAS. |
A aula de primeiro foi a encargada de redactar a invitación para as autoridades, así que comezamos a analizar distintos modelos de invitacións, despois da súa lectura decatámonos que a súa función era invitar a unha persoa, persoas ou entidade a un acto social ou evento; que era xustamente o que queríamos facer nós. Despois dun traballo previo con este texto, de ver a súa función, o seu formato, a súa estructura, facer un listado de saúdos, agradecementos e despedidas; comezamos a súa redacción. Este foi o producto final: O día 2 de xuño fomos ao Concello, onde nos recibiu Beatriz Molinos, alcaldesa de Outes. Dúas nenas de primeiro léronlle a invitación ás Xornadas de Portas Abertas da que lle íamos a facer entrega. A continuación démoslle rexistro de entrada. E Beatriz Molinos invitounos a coñecer o edificio, ensinándonos as dependencias de urbanismo, servizos sociais, o seu despacho, o salón de plenos...
Tamén poidemos coñecer o local da policía, onde Martín nos explicou as tarefas que realizan alí.
|
BIBLIOTECA ESCOLAR... MATEMÁTICO!! |
No cole tentamos seguir as recomendacións que se nos fan dende a Rede de Bibliotecas Escolares Galegas que pretenden unir a biblioteca con todas as áreas de aprendizaxe. Por iso, á hora do comedor e aproveitando que estabamos a traballar a temática do medo, decidimos unilo coa PAPIROFLEXIA. Así os nenos e nenas voluntarios practicaron a simetría, a orientación espacial, a lateralidade ou o seguimento de instrucións elaborando monstruosas teas de araña de diferentes formas. Aquí tedes unha mostra dos traballos. Parecía fácil! Non si? Pois abofé que non o é!
|
AMBIENTANDO PARA O SAMAÍN |
De esta guisa está quedando... Uhhhhhhh! Que meeeedooo!! Momias, esqueletes, vampiros, cabazas... E algunhas sorpresiñas máis que irán aparecendo. Estade atentos! |
CONTACONTOS NO RECREO |
|
SAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXES |
A nosa amiguiña Saisa pasoulle a fame con tantas receitas do outono. Pero agora... seica está un pouco aburrida... Contounos que dende que chegou procedente doutro planeta, so coñece o cole e a Serra de Outes! Estivo buscando libros de lugares e culturas e está entusiasmada en iniciar unha viaxe. Axudámoslle a coñecer o mundo? A nosa mascota é un mar de dúbidas! O primeiro que se preguntou é se en todos os lugares do mundo se celebraba o Nadal é porque. Averiguou que o Nadal e outras festas internacionais destas datas veñen de tradicións moi antigas e, sobre todo, da celebración do SOLSTICIO DE INVERNO. Como é moi curiosa estivo mirando e mirando pola rede e atopou todos estes enlaces, xogos, fichas... e demais materiais para que investiguedes que é iso do solsticio do inverno e outras características do sistema solar. SAISA DESÉXAVOS FELIZ BIBLIOVIAXE!
|
LECTURAS PROPOSTAS PARA O 20 DE NOVEMBRO |
Á biblio do cole chegou o seguinte libro que trae unhas lecturas moi interesantes para traballar os dereitos da infancia o 20 de Novembro. Aquí vos deixamos tres exemplos delas e o epílogo do libro. O prólogo é de Francesco Tonucci. Tamén vos deixamos o enlace a unha páxina con moitos recuros para traballar este tema.
|
SAISA E AS SÚAS BIBLIOVIAXES |
Saisa estivo buscando algúns enlaces ás culturas que escolleron os titores para traballar por cursos. Tamén estivo recopilando libros. Vai pouco a pouco porque ten moito traballo pero está moi contenta porque aprendeu xa un montón de cousas. Aquí vos deixa moitos enlaces. Irá subindo máis ao longo destes días así que estade atentos! Tamén vos deixa un interesante artigo sobre a celebración do solsticio de inverno. ROMA: CHINA: GRECIA INDIA ESPAÑA: CELTAS: INCAS: EXIPTO: AUSTRALIA: |
EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA |
Saisa estivo facendo unha recopilación de libros que falan de diferentes culturas e tamén relacionados co Universo co gallo do Nadal e o solsticio de inverno. Pasade pola biblio para poder investigar e descubrir! Estámosvos esperando! |
TALLER DE BANDEIRAS PARA EI |
Seguindo co proxecto multicultural da biblioteca "Saisa e as súas biblioviaxes" aquí vos deixamos unhas imaxes do taller de bandeiras que realizamos cos máis pequenos do cole. A actividade consistiu en colorear as bandeiras segundo un modelo e facer puzzles colaborativos coas propias bandeiras. |
COMEZA O CLUB DE LECTURA! |
Club de lectura. Dende o equipo de biblioteca, animámosvos a participar nunha nova actividade: “Club de lectura”. Os clubes de lectura son espazos para compartir a experiencia de somerxerse nas historias que nos ofrecen os libros. Para este, en particular, imos gozar daquelas historias que teñan lugar en moitas partes do mundo. Senón queredes perder estas aventuras, xa sabedes, onde atoparnos e cando: na biblioteca escolar nos recreos de luns a venres.
E para que vaiades vendo de que se trata, aquí tedes un adianto dos contos que se van contar. A gozar! RECORDADE QUE A PRIMEIRA REUNIÓN PARA ORGANIZARNOS É MAÑÁ DÍA 24 NA HORA DO RECREO. PARA VER ESTE DOCUMENTO A PANTALLA COMPLETA PICADE NEL. |
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »