MAGOSTO 2022

O pasado venres 18 de novembro celebramos  a tadicional festa do MAGOSTO no cole, foi unha xornada moi divertida.

Comezamos pola mañá con xogos tradicionais prestados pola Concellaría de Xuventude do Concello do Grove.

O alumnado foi baixando a pista polideportiva por turnos e agrupados por niveis para  xogar con éstes magníficos xogos.

Os  encargados/as de organizar, preparar e axudar aos máis pequenos/as cos xogos tradicionais, foron os alumnos e alumnas de 6º de Primaria, sendo unha experiencia moi enriquecedora para todos e todas.

Unha vez rematados os xogos, deleitámonos coas castañas que nesta ocasión foron asadas por Fiz Axeitos da asociación do Casco Vello.

Como ven sendo habitual, cantamos unha canción dirixida pola nosa mestra de música, titulada "Chouta".

E ademáis contamos con música tradicional en directo que acompañounos durante unha parte da xornada e que amenizou a festa.

 

Foi un pracer poder compartir esta xornada de convivencia e 

moitas gracias a todos e todas pola vosa colaboración e en especial ao alumnado de 6º pola súa

implicación!!!   

Powered by Drupal - Design by artinet