Skip to Content

  
  

Preguntas Frecuentes ( FAQ )

 

 

O programa E-Dixgal supón que o alumando do noso centro contará con formación dixital que elimina o libro de texto en papel, pero que é tan innovador como o mestre decide xa que pode tratarse de seguir o manual en páxinas PDF ou ir máis alá e obter unidades didácticas elaboradas por outros mestres ou de elaboración propia. As familias recibirán puntual información sobre todas as dúbidas que teñan ao incorporarse a este programa.

 

 

 

Solución a preguntas habituais para as familias que se incorporan ao programa E-Dixgal en 5º e 6º de Educación Primaria.

 

 

 

  • A incorporación do libro dixital suporá algún gasto extra para as familias?

 

Os libros electrónicos son gratis e a Xunta paga o 100% dos gastos do equipo informático, dos contidos e do soporte técnico ás familias.

 

 

 

  • Co libro dixital xa non é necesario comprar material escolar?

 

Ter o ordenador non implica que o alumnado careza de cadernos ou que non precisen ningún outro tipo de material escolar complementario. De todos xeitos, o mellor é agardar a que sexa o profesorado o que ofreza unha lista de material recomendable porque depende de cada docente o que vai a necesitar.

 

 

 

  • Hai que adaptar algo no domicilio para poder empregar o ordenador?

 

Non é necesario facer nada, xa que o ordenador conéctase coa wifi ou a rede fixa da casa. Só hai que seguir unhas sinxelas instrucións que veñen recollidas no folleto que se entrega con todos os equipos informáticos.

 

 

 

  • E se non dispoñemos de rede wifi na casa?

 

Non hai problema. Pódese acceder aos contidos sen necesidade de estar conectado a unha rede, xa que o acceso se realiza a través do programa que se atopa instalado no ordenador. Calquera avance que o alumno ou alumna realice na casa sen ter conexión, actualízase de xeito automático no momento que chegue á aula e se conecte de novo á rede.

 

 

 

  • Que ocorre se esquecen o ordenador na casa ou no colexio?

 

O ordenador portátil é a mochila dixital do alumnado e, ao igual que ocorre cos libros no papel, teñen a obriga de levalo a diario ao colexio para poder seguir a actividade docente.

 

 

 

A quen podemos recorrer se o equipo sofre avaría na casa ou xurde algunha dúbida?

 

Ao servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento, que está dispoñible durante as 24 horas. Accédese a este servizo a través do teléfono881 86 99 01, do correoelectrónicosoporte.premium@edu.xunta.galou enviando un wasap ao número 604 06 78 56 ou na conta de Telegram@serviciopremiumedixgal. Neste servizo xestionan dúbidas de uso ou incidencias técnicas. Conta tamén cun equipo de técnicos que se desprazan ata o domicilio ou ata o centro educativo en caso de que a avaría non se poida solucionar a distancia.

 

 

 

  • Que aportan os contidos dixitais fronte aos libros de papel?

 

Ademais do acceso ás máis de 3.600 recursos educativos dixitais complementarios en sete idiomas e poden incluír material de produción propia, entre os que se atopan os contidos innovadores producidos polo profesorado galego na iniciativa DIXIT. A plataforma da Xunta ofrece outros recursos dixitais para poder reforzar as capacidades do alumnado que permiten ao profesorado crear os seus propios materiais didácticos, ofrecer contidos individualizados ou crear tarefas en liña. O profesorado e o alumnado desenvolven a súa actividade nun entorno virtual de aprendizaxe ( https://eva.edu.xunta.gal ) que lles vai permitir acceder a contidos dixitais de EDEBE, Netex Learning, Aula Planeta, Smart e Pearson.

 

 

 

  • Como pode saber que o alumno está estudando e non xogando co ordenador?

 

Tal e como se indica ás familias no folleto informativo que acompaña aos equipos que se lles entregan, os ordenadores portátiles son exclusivamente para seguir a actividade educativa e para realizar as tarefas que require o profesorado. Non se pode empregar o equipo informático para ningún outro uso de tipo persoal ou profesional sen contar antes coa expresa autorización do centro educativo que cede o equipo. Non está permitida a realización de manipulacións no ordenador e tampouco se pode alterar o programa informático instalado. Ademais, os mestres ou mestras ou o coordinador ou coordinadora do programa E-Dixgal do centro, pode inspeccionar o equipo no momento que o considere oportuno.

 

 

 

  • Esquecerá o alumn@ a escritura? Terá máis faltas de ortografía?

 

O libro electrónico é un complemento máis, polo que o estudante seguirá escribindo con normalidade nas actividades que se desenvolvan na aula. En canto ao emprego do propio ordenador para escribir, é posible que @ alumn@ incluso mellore a súa ortografía, dado que nun texto con faltas non se poderá pasar ao nivel de pantalla seguinte.

 

 

 

  • Co libro electrónico tamén terá deberes para facer na casa?

 

Os deberes son algo independentes do tipo de libro, en papel ou dixital, que lle sirva de consulta ao alumnado. Como sucede na actualidade, haberá mestres que esixan deberes e outros que non. En calquera caso, @s alumn@s sempre poden ter exercicios de repaso ou algunha actividades que realizar de xeito habitual, como ler un libro ou preparar un traballo.

 

 

 



book | by Dr. Radut