Skip to Content

  
  

AVISO Á COMUNIDADE EDUCATIVA - ENQUISA - CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

AVISO Á COMUNIDADE EDUCATIVA

ENQUISA  - CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E UNIVERSIDADE

Estimadas Familias:

Hoxe, o alumnado levará a casa unha folla cunha clave e unha breve explicación sobre o motivo dela.

Responde á seguinte información recibida da Secretaría Xeral de Educación, copio literalmente:
 

"A convivencia escolar é unha preocupación de primeira liña na que se está a traballar arreo nos últimos anos, na procura dunha mellora continuada do clima escolar. No senso de seguir avanzando, dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade pomos en marcha a realización dunha nova enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na comunidade educativa.

Esta sondaxe de carácter censual “Enquisa de diagnose da convivencia 2021” ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (directores e directoras, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A participación da comunidade educativa nesta enquisa é fundamental e por iso necesitamos do esforzo e da implicación dos distintos colectivos e da súa imprescindible colaboración e involucración no proceso de realización. En definitiva, búscase favorecer o seu desenvolvemento e a súa difusión entre todos os membros dos colectivos participantes co fin de garantir uns óptimos resultados.

No día de hoxe e a través da ferramenta: https://www.edu.xunta.es/convivenciaxestion/ recibirá as indicacións necesarias para a realización da citada enquisa. Tamén poderá descargar un documento en PDF que incluirá as claves de acceso para os diversos sectores da comunidade educativa así como o manual de uso desta aplicación.

A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril de 2021 (ambos dous días incluídos).

Entendemos que esta petición supón un esforzo engadido ao seu traballo tendo en conta as circunstancias excepcionais que estamos a vivir. Pero o propósito que nos motiva non é outro que conseguir mellorar a saúde do clima escolar en beneficio de todos e de todas e afrontar máis fortes os retos futuros."



story | by Dr. Radut