PRIMEIRA SAÍDA DO CURSO: CASA LABRADELA (XOVE)

   O pasado 6 de outubro o alumnado de 3º e 4º fixo a súa primeira saída do curso á Casa Labradela de Xove. Ao chegar o primeiro que fixemos foi ver unha presentación sobre as abellas, moi ben explicada por membros da familia da casa que se adica, entre outras cousas á apicultura. A continuación fomos ver os materiais empregados para quitar o mel dos panais.

   Despois fomos ver as salas de cría do porco celta, que é outra das principais actividades ás que se adica esta familia.

   Fomos ver tamén a Antón, o pai dos porquiños que alí crían e os lugares por onde andan ceibos correndo

   Finalmente, chegou a hora de repoñer forzas e puidemos probar  salchichón, chourizo e mel da casa. DELICIOSO!!!

 

              Estabamos  desexando descubrir novos lugares e experiencias ESTE CURSO!!!