Skip to Content

Cálculo Mental

PROXECTO DE CÁLCULO MENTAL CURSO 09-10

PROXECTO DE CALCULO MENTAL CURSO 09-10

XUSTIFICACIÓN

O calculo mental é unha estratexia básica , moitas veces esquecida, que non só é de grande importancia para a aprendizaxe das matemáticas senón que axuda ó desenvolvemento global da mente, incidindo en factores como a atención, a concentración, a memoria, a axilidade mental, etc.

OBXECTIVOS

-Preparar a mente para traballos posteriores na aula.
-Potenciar a participación de todos/as os alumnos/as ao mesmo tempo e sen distincións.
-Valorar as diferentes estratexias de resolución de operacións mentais.
-Potenciar a axilidade mental.
-Contribuír á autoestima persoal de logro (non valorando o acerto ou o erro).

TEMPORALIZACIÓN

Todos os días, os primeiros 5 ou 10 minutos do horario lectivo.

MATERIAL

Unha pizarra veleda por alumno/a co seu rotulador axeitado.

TIPO DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO

Ao chegar á aula os alumnos/as colleran a súa pizarra e o profesor/a prantexará operacións básicas sinxelas e o neno/a escribirá só o resultado na pizarra, o antes posible, mostrándoa a continuación sen levantarse do seu sitio.

Distribuir contido


by Dr. Radut