Prezadas familias,
ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E) dende o día de hoxe 15 de novembro ata o 26 de novembro está aberto o prazo para a presentación de solicitudes.
a) O alumnado beneficiario da axuda de material escolar para este curso 2021/2022 NON TERÁ QUE PRESENTAR NINGUNHA DOCUMENTACIÓN.
b) Terá que presentar solicitude o seguinte alumnado (documento descargable en arquivo adxunto) o alumnado que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
- Alumnado matriculado en educación especial.
- Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
As máscaras distribuiranse seguindo as instruccións recollidas na citada ORDE do 28 de outubro de 2021
- Que cumpran coa normativa UNE 0065.
- Adquiriranse en función da súa durabilidade (número de lavados), e dos días lectivos que resten de curso.
Un saúdo, a dirección.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Instruccións Orde máscaras asinado.pdf | 282.6 KB |