Skip to Content

A nosa horta

A Nosa Horta

Recollemos Frambuesas da nosa horta.

No mes de maio, as nosas frambueseiras, comezaron a dar froito. Unhas ricas e exquisitas delicias que degustou o noso alumnado.

 

XARDINEIRAS RECICLADAS

XARDINEIRAS RECICLADAS

Curso 21-22

Estamos a elaborar unhas xardineiras con materiais de refugallo ou que xa non empregamos. É inclible a creatividade que podemos desenrolar e a cantidade de cousas que podemos facer con obxectos que ían a parar aos vertedoiros.

Cada clase escolleu unha temática o os alumnos/as traen da casa obxectos relacionados co tema elexido nos que se poida por unha planta, semente... xa temos tres. 

"Os xoguetes florecen" dos nenos e nenas de 6ºEI (5 anos)

 

 

 

"O deporte é vida" da clase de 4ºC

 

 

"Imos de viaxe" da clase de 4ºA

A Nosa Horta

Ampliación de cultivos na horta.

Alumnado de 4º

A semana do 10 ao 12 de maio, o alumnado de 4º, aproveitou o bo tempo, para pasar as súas sementes á horta. Meses atrás este alumnado plantara en interior sementes de cabazas, esponxas, sandias, melóns,etc... que foron medrando cos seus bos coidados e agora precisaban ser plantadas en exterior.

Toca agora coidalas na horta, para que medren sandías, cabazas, etc.

A Nosa Horta

Novas Plantas aromáticas no bancal de 3º.

O pasado mércores 11 de maio, o alumnado de 3ºB levou a horta plantas aromáticas, para completar as que xa plantaran meses anteriores. Desta tanda levaron Cilantro, Herba Luisa, etc... Agora unha vez plantadas serán os encargados de regar e coidar para ter condimentos culinarios.

A nosa Horta

No mes de maio preparamos a horta con flores.

A comezos do mes de maio, o equipo de horta comezou a preparar a horta para o verán. Organizando cultivos ecolóxicos de fresas, espinacas, acelgas con flores de temporada.

Grazas equipo por facer que a horta, estea cada día máis fermosa.

A nosa Horta

Xirasois para coidar na casa.

O alumnado de 3ºA, despois de plantar na horta varios xirasois e millo, leváronse para casa xirasois para coidar e recoller pepitas.

A nosa horta

3ºA Planta Millo e Xirasois.

En abril de 2022, o alumnado de 3ºA decidiu plantar millo e xirasois, ao lado da plantación de trigo. Tiveron que preparar o terreo, facer os regos e plantar as sementes.

A nosa Horta

Florecen as nosas froiteiras

Coa chegada da primaveira no mes de marzo, as nosas froiteiras comezan a ensinarnos as súas flores e as súas follas. As súas ramas vístense de cor, que fan que o alumnado do cole as coide con todo mimo e detalle.

Que gusto da ver brotar os gomos, as flores e as follas no patio.

A Nosa Horta

Aparecen os primeiros Xirasois.

3ºA e 4ºA

Eco-reto marzo.

 

 Coa chegada da primaveira o 21 de marzo, comezan a saír as primeiras plantas de xirasois que plantaron o alumnado de 3ºA e 4ºA. Sorprendeunos como as pipas se abren e voan sobre as  follas. Aquí vos deixamos as imaxes de como nos van sorprendendo co seu crecemento.

 

DÍA DEL ÁRBOL

 

DÍA DEL ÁRBOL 

21 de marzo

COMPOSTEIRO

COMPOSTEIRO

Curso 21-22

Esta semana puxemos en marcha o composteiro da horta. Coa pandemia tivemos que suspender todo e xa era hora de retomalo.

É súper importante reutilizar os restos orgánicos para elaborar un bo abono para a nosa horta.

Formamos un equipo ecolóxico con nenos e nenas de 4º de primaria para que axuden ás aulas de infantil a:

- Vaciar  as papeleiras de plástico e papel nos colectores exteriores.

-Levar os residuos orgánicos que se xeneran na merenda ao composteiro da horta.

O equipo repartiu unha papelera por aula para recoller os residuos orgánicos.

Empeza esta nova aventura da compostaxe!! estamos moi motivados e ilusionados.

Recicla, reutiliza, reduce, NATURALÍZA-T

Sementeiros

Plantando Xirasois.

3ºA e 4ºA

Eco-reto marzo, plantamos.

 

 O xoves 10 de marzo, o alumnado de 3ºA e 4ºA plantamos xirasois en apoio ao pobo ucraíno, dende ven moito aceite de xirasol ao igual que do sur de España. Aquí en Galicia tamén se poden ver nas plantacións de millo de autoconsumo xirasois durante o verán.

Aproveitamos para observar as pipas, mirar a súa cor, a súa textura, descubrimos que eran naturais sin tostar nin salar. E por suposto saboreámolas.

Despois plantamos as pipas, regamos e puxemolas no interior da escola para que medren as plantas. Cando medren e sexan grandes levarémolas a nosa horta e tamén para as nosas casas, porque sementamos moitas pipas.

A nosa Horta

O alumnado de 3ºC leva plantas  aromáticas aos bancais.

Eco-reto marzo, plantamos.

 

Durante o mes de outubro o alumnado de 3ºC fixo  sementeiros de distintas sementes e plantio de plantas aromáticas en interior: Romero, Tomillo, Menta.... Moitas xa foron saindo e están preparadas para plantar no bancal de plantas aromáticas de 3º. Onte martes día 8 de marzo o alumnado de 3ºC  transplantouas á horta para que medren, con elas pensan condimentar ricas comidas e bebidas.

A nosa Horta

O alumnado de 4ºA planta millo nos bancais.

Durante o mes de setembro o alumnado de 4ºA fixo os sementeiros de distintas sementes en interior. O millo xa saiu e está preparado para plantar nos bancais. Onte martes día 8 de marzo o alumnado de 4ºA xa o puxo na horta para que medren boas espigas.

A nosa Horta

SEMENTAMOS LEITUGAS. 

Curso 21-22

O martes 8 de marzo, o alumnado de 5º que colaboramos na horta, aproveitando que estamos na menguante, plantamos leitugas no lugar das que colleitamos en días pasados. Tamén aproveitamos para volver facer os semilleiros de leitugas, para que vaian medrando para ter plantas preparadas para plantar, no lugar das leitugas que sigamos colleitando. Este equipo fai un gran traballo e ten a horta ao día en coidados. Aquí vos deixamos algunhas imaxes.

Distribuir contido


by Dr. Radut