Durante a semana do 20 marzo de 2022, activouse o mercado ecolóxico Cintas de Cores do 2, coa axuda das familias colaboradoras con Voz Natura na escola. Elas foron as encargadas de preparar o posto do mercado, preparar os produtos ecolóxicos para a venda que procedían da horta da escola ou do excedente dalgunhas familias que colaboraron.
Moitísimas grazas a todas as familias involucradas. Un traballo extraordinario!
O alumnado de 5º de Educación Primaria, realizou o martes 7 de marzo de 2023, plantado de sementes: chícharos, tirabeques, leitugas, cabaciños e cánones. Fixéronno nos recipientes de refugallo que xa usaran os compañeiros de 4º e que xa sacaron as súas plantas á horta. Así estamos dándolle un novo uso a envases que soamente estaban previstos para un só uso.
Plantación do alumnado de 5ºA.
Plantación do alumnado de 5ºB.
Agora serán os encargados de darlle os coidados necesarios, para que as plantas medren e poidan sacalas á horta.
Hai unhas semanas os terceiros fixeron sementeiros de chícharos, cenorias, perexil, espinacas e canónigos.
Xa era hora de pasalos para a horta. Divertíronse moito preparando a terra e facendo os buratos para os chícharos. Agora tócalle coidalos para obter unha boa colleita.
O pasado venres, día 3 de marzo de 2023, o alumnado de 2ºA de Educación Primaria, sacou para a horta as fabas que xa creceran no interior da escola. Tamén aproveitaron para poñer unhas plantas de amorodos. Aquí vos damos conta do ben que o fixeron.
O pasado mércores, día 1 de marzo de 2023, o alumnado de 2ºB de Educación Primaria, sacou para o horta, os tirabeques e chícharos que xa creceran no interior da escola. Tamén aproveitaron para regar as plantas da horta. Aquí vos damos conta do ben que o fixeron.
Durante o mes de febreiro foron nacendo as plantas que o alumnado de 4º sementou en botes de reciclaxe. Apareceron as plantiñas de xirasois, tirabeques, chícharos e fabas e case están listas para levar á horta.
O día, 23 de febreiro o alumnado de 4º comprobou que as súas plantas están o suficiente grandes para sacalas para a horta. Nuns días temos que facer transplante. Que ben cos coidados de este alumnado.
O noso composteiro está a funcionar perfectamente grazas ás patrullas ecolóxicas dos alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria.
Hai unhas semanas estivo a mestra composteira do concello de visita para comprobar qué tal iba o noso compost, e a nosa sorpresa foi inmensa ao saber que estando a 4º a temperatura ambiental, o compost estaba a 35º.
O proceso fano todo eles mesmos. Todo o alumnado do colexio leva os restos orgánicos aos puntos de recollida, as ecopatrullas levano dos puntos de recollida ao composteiro e comproban que non teñan restos doutros materiais que poidesen ser perxudiciais para a vida dos bichiños que elaboran o compost. Bótanlle estructurante ( follas secas) e tres días á semana remexen co aireador.
Dende aquí queremos agradecerlle a súa labor. Con este compost teremos unhas colleitas moi saudables.
O alumnado de 2º, plantou hoxe venres día 10 de febreiro de 2023, un sementeiros en botes reutilizados. Coma na clase están catro equipos e cada un ten nome de froitas, acordaron plantar a semente co seu nome do equipo. Así o equipo cabaciño plantou cabaciño, o equipo cenorias plantou a semente laranxa, o equipo leituga plantou...
Agora a coidalos moi ben, para que medren as plantiñas e poder levalas a nosa horta. Gran traballo rapaces!.
O pasado mércores 8 de febreiro de 2023 un equipo de familias, estiveron traballando arreo na horta da escola. Con aparellos de labranza, prepararon o terreo para que o alumnado de infantil plantaran patacas. Moitísimas grazas a todas as familias polo seu esforzo e o seu tempo.
Hoxe venres día 10 de febreiro, o alumnado de infantil coas súas profes plantaron as patacas. Traballaron arreo, tiveron unha pequena axuda do alumnado de 5ºA, que se preocupou de que as patacas quedaran ben sementadas.
Gran traballo equipo! Moitas grazas a todas as familias, que fixeron posible que o noso alumnado vivira este gran día.
O alumnado de 3º de primaria saiu ao patio e arredores a recoller follas secas para o composteiro.
As follas que caen das árbores son perfectas para mesturar cos restos orgánicos das nosas merendas. Así elaboramos un fertilizante estupendo para a nosa horta.