contido

Promoción de Bádminton

Promoción de Bádminton

O pasado venres 13 de setembro, estiveron con nós Marisa e Jonathan do Club Bádminton Tui. Contáronnos moitas cousas interesantes sobre o bádminton e invitáronnos a practicalo cando queiramos, no seu clube. Moitas gracias.

 

Promoting  Badminton

 

Last Friday, September 13th, Marisa, Javier and Jonathan from Badminton Club were with us. They told us many interesting things about badminton and invited us to practice it whenever we want in their club. Thank you very much.

 

Promoción de Balonmán/Promoting Handball

Promoción de Balonmán

O pasado xoves 12 de setembro estiveron con nós monitores do Clube Balonmán Tui. Con eles xogamos a balonmán no pavillón novo e pasámolo moi ben. Eles ademais son xogadores de balonmán do clube e animáronnos a probar este deporte que a eles tanto lles gusta. Moitas grazas.

Promoting  Handball

Last Thursday, September 12th, the monitors of Tui Handball
Club were with us. We played handball with them in the  new
sports hall and we had a great time. They are players of the
club's handball and they have encouraged us to try this sport
that they like a lot.
Thank you very much.

 

Promoción de Judo/Promoting Judo

Promoción de Judo

O pasado xoves 12 de setembro estiveron con nós David e Carmen do Club Judo Tui. Eles contáronnos cousas moi interesantes sobre o Judo, o importante que é para a concentración, para fomentar o compañeirismo, para o respecto...e ademáis pasámolo moi, moi ben. Tamén nos convidaron a ir no mes de setembro a probar as súas clases polas tardes, de xeito gratuito.

Moitas grazas Carmen e David por aportarnos tanto.

 

      Promoting  Judo

On Tuesdays, September 12th, David and Carmen from Judo Tui Club were with us.They told us very interesting things about Judo, how important it is for concentration, companionship, for respect ....We were also invited to go and try on Setember for free.

Thank you very much Carmen and David for providing us so much.

   
   
   

Xornadas de Promocións Deportivas 19-20

Xornadas de Promocións Deportivas 

Clubes Deportivos Eurocidade.

Durante os primeiros días de curso imos ter as tradicionais Xornadas de Promocións Deportivas en colaboración cos Clubes Deportivos da Eurocidade de Tui-Valença. O propósito é que o noso alumnado coñeza a oferta deportiva que ten na Eurocidade e poida gozar na mesma.

Aquí vos deixamos o calendario de promocións.

 

 

The first days of this academic year we are going to participate in the traditional “sports promotion  days” ,with Tui-Valença sports clubs. The aim is that our students know the different kind of sports and activities they could practice.

 Below is attached the document with the timetable.

 

 

Benvidos ao Curso 19/20

Benvidos ao Curso 19/20

Festa fin de curso: Elixe unha vida saudable e Feliz

Festa  fin de curso:

Elixe unha vida saudable e feliz

21de xuño de 2019

O día 21 de xuño, continuando co proxecto Erasmus+ que estivemos a traballar na escola este curso, celebramos a Festa de fin de curso co "slogan" Elixe unha vida Saudable e Feliz, organizada pola ANPA do colexio. Tod@s os responsabl@s esforzáronse moito en preparar a escola cunha decoración fantástica con motivos saudables, preparar as actividades deportivas, a entrega de diplomas, etc... Atopamos a escola transformada nun lugar onde a vida saudable e feliz foi o máis importante durante a xornada: había froitas de todo tipo, motivos con alimentación saudable, merendas saudables, xogos que nos fixeron pasar un día inesquecible e entrega de diplomas para recoñecer as actividades que fixemos ao longo de todo o curso.

Queremos agradecer á ANPA, aos pais, as nais, ao centro, aos equipos docentes, ao profesorado e a todas aquelas persoas que fixeron, co seu esforzo, que a festa de fin de curso fose un día especial, para @s nen@s do Ceip Nº2 de Tui. Grazas e bo verán a todos/as.

Biblioboletín 3º Trimestre curso 18/19.

Biblioboletín 3º Trimestre curso 18/19.

Aquí vos deixamos o biblioboletín onde damos conta trimestralmente as familias e Comunidade Educativa das novas do centro e do proxecto Erasmus+.

 

Aloiada 19

Aloiada 19.

13-14 de Xuño de 2019

Os días 13 e 14 de xuño de 2019, tivo lugar a Aloiada, unha proposta de Actividades no medio Natural: escalada, Orientación, Primeiros auxilios, acampada, piragüismo e remo, destinada ao alumnado de 6º de Educación Primaria de todo o Concello de Tui, que tivo unha duración de 2 xornadas, desenvolvéndose nas inmediacións do Parque Natural do Monte Aloia e o Río Miño, en colaboración con todos os centros educativos da nosa cidade, as familias, o Concello de Tui, Clubs deportivos, Federacións, casas comerciais e outras entidades ás que temos que agradecer a súa colaboración desinteresada.

Grazas a tod@s por favor posible que o alumnado de 6º disfrutara de dúas xornadas de vida saudable e feliz, nun entorno como o Parque Natural do Monte Aloia e o Río Miño.

Tui en Ruta 19

Tui en Ruta 19.

18-19 de Xuño de 2019

Os días 18e 19 de xuño tiñamos previsto unha Actividade no medio Natural: actividades de ciclismo, piragüismo e remo, destinada ao alumnado de 5º de Educación Primaria, que se ía levar a cabo en 2 xornadas, desenvolvéndose nas inmediacións do Río Miño, e o Centro educativo. Debido á climatoloxía adversa do día 18 de xuño, a actividade soamente se levou a cabo o día 19 cunha ruta e Ginkana en bicicleta suprimindo a actividade de piragüismo. Esta actividade levouse a cabo en colaboración do centro coas  familias, o Concello de Tui, Clubs deportivos, Federacións, casas comerciais e outras entidades ás que temos que agradecer a súa colaboración desinteresada.

Grazas a tod@s por favor posible que o alumnado de 5º disfrutara de esta actividade  de vida saudable e feliz, nun entorno como é o Río Miño.

Ruta Saudable en Patinete 19.

Ruta Saudable en Patinete 19.

17 de Xuño de 2019.

O día 17 de xuño tivo lugar, a Ruta saudable en Patinete, dentro das  Actividades no medio Natural , destinada ao alumnado de 4º de Educación Primaria: ruta en patinete, taller de ecoloxía, taller de merendas saudables e taller de Ioga. Tivo unha duración de unha xornada, desenvolvéndose entre o centro educativo e a praia de Guillarei polo carril bici da Veiga. Esta actividade levouse a cabo en colaboración do centro coas  familias, o Concello de Tui e outras entidades ás que temos que agradecer a súa colaboración desinteresada.

Grazas a tod@s por facer posible, que o alumnado de 4º disfrutara de esta actividade  de vida saudable e feliz, nun entorno como é o Río Miño.

Ginkana do Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar 19 .

 Ginkana do Camiño de Santiago Saudable, Deportivo e Escolar 19 .

20 Xuño do 2019

O día 20 de xuño tivo lugar unha ginkana deportiva con pistas e xogos que achegan o noso alumnado ao Camiño de Santiago. Levouse a cabo para o alumnado de 3º, nas inmediacións da cidade de Tui,  cunha duración de una xornada lectiva, en colaboración do centro coas  familias, o Concello de Tui e outras entidades ás que temos que agradecer a súa colaboración desinteresada.

Grazas a tod@s por facer posible, que o alumnado de 3º disfrutara de esta actividade  de vida saudable e feliz, nun entorno como é o Río Miño.

Ruta do río Lagartón.

Ruta do río Lagartón.

11 de xuño de 2019

O día 11 de xuño tivo lugar unha ruta de sendeirismo que achegou ao noso alumnado á Ruta do Río Lagartón, próximo ao colexio. Levouse a cabo  para o alumnado de 2º, en colaboración do centro coas  familias, o Concello de Tui e outras entidades ás que temos que agradecer a súa colaboración desinteresada.
Grazas a tod@s por facer posible, que o alumnado de 2º disfrutara de esta actividade  de vida saudable e feliz, nun entorno como é o Río Miño.

VI Triatlón Tui-Porriño.

VI Triatlón Tui-Porriño.

Sábado 8 de xuño de 2019

Marina de Tui

O pasado sábado día 8 de xuño de 2019  tivo lugar o VI Triatlón Tui-Porriño, a proba de natación e a transición ás bicicletas tivo lugar nas inmediacións da Marina e Club San Telmo, a partires das 16:00h. O equipo de Deporte Escolar do Ceip Nº2 de Tui participou na proba de apoio como voluntarios.

Facemos limonada

Facemos limonada

Os nenos e nenas de 4 anos fixemos unha refrescante limonada o venres pasado. Os limóns faciltounolos o profe Adri que tiña no seu limoeiro, a maiores mercamos azucre e auga e puxémonos máns a obra. 

Primeiro expremimos os limóns cun exprimidor e ó zume que obtivemos engadímoslle agua e azucre. Aproveitamos esta rica limonada para acompañar como bebida na celebración dos aniversarios deste mes. 

II Evento Conxunto de Formación do Profesorado Erasmus + 18-20

 II Evento Conxunto de Formación do Profesorado

 Erasmus + 18-20

 "Promover estilos de vida felices e saudables"

 Varese Italia

 Lunes 3 de Xuño 19- Viernes 7 de Xuño 19.

Durante esta semana do 3-7 de Xuño de 2019, varios Mestres do C.E.I.P Plurilingüe Nº2 de Tui, participan no “II Evento Conxunto de Formación do Profesorado”, no Instituto Comprensivo Varese 2  en Varese Italia. Dito evento está incluído dentro do proxecto Erasmus+ 2018-2020 no que participa o noso centro “ Promovendo estilos de vida felices e saudables.

Os docentes participantes neste evento pertencen as escolas asociadas no proxecto:

·         Colexio Christian Brothers 'Primary School Armagh (Irlanda do Norte- Reino Unido), que é o centro coordinador do proxecto. 
·         Instituto Comprensivo Varese 2 (Varese-Italia). 
·         CEIP Nº9 Las Culturas (Alacante-España).
·         Colexio Bunscoil Sancta Maria Synge Street (Dublín-Irlanda) 
·         Agrupamento de Escolas da Zona Urbana da Figueira da Foz Portugal (Portugal).  

Na xornada do martes 4 de Xuño de 2019, pola mañá o profesorado terá a oportunidade de visitar a Scuola Bosco-Canziani de Varese: actividades deportivas e tempo no aula. Xa pola tarde terán unha xuntanza do Proxecto Erasmus+ e rematarán o día coa visita Cultural ao Sacro Monte.Tomaran contacto co idioma, o entorno e o deporte, para ensinar aos nen@s do noso centro.

Na xornada do mércores 5 de xuño, visitaran a Scuola Pascoli de Varese, para coñecer o seu sistema educativo, ás aulas, o alumnado, etc . Pola tarde levarán a cabo un Tour no Lago Maggiore en barco.

Será na xornada do, xoves 6 de xuño e para rematar a estadía en Varese, a formación xirará entorno ao desenvolvemento do proxecto, formación en Eramus+, plataformas eTwinning, etc así como a visita ás cidades de Varese e Milán.

Unha experiencia que tal como nos transmitiron os compañeiros desprazados a Armagh, no I Evento Conxunto de Formación do Profesorado Erasmus + 18-20 promete ser moi enriquecedora e  totalmente recomendable.

Distribuir contido