MAGOSTÍN 2022

Así gozamos da nosa festa o pasado venres 28!

Houbo xogos súper divertidos coma o lanzamento de castañas, carreiras de sacos, move o teu esqueleto.... e logo puxémonos ata arriba de castañas! Mmmm!
Tamén podedes ver que decoramos as portas das clases e os corredores do cole terroríficamente xenial!
Houbo unha gran participación no concurso de receitas terroríficas organizado polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e o equipo de Biblioteca.
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!
En clase de plástica plurilingüe este ano o dedicamos ás witches/bruxas e tamén fixemos moitas actividades nas outras áreas sobre o Magosto e o Samaín, as dúas festas de outono máis importantes da nosa cultura galega.
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.

Que pasedes unha boa ponte!

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2022

Hoxe, 24 de outubro, é o día das bibliotecas, e dende o equipo de biblioteca queremos convidarvos a que animedes aos nenos e nenas a visitar a do noso cole. No seguinte tríptico amósase un resumo do traballo que realizamos a través da biblioteca escolar.

   

O lema deste ano é "BiblioTEcuida", centrandose en destacar o papel das bibliotecas de diferente tipoloxía como espazos libres e abertos que, a través dos seus diversos servizos e recursos, preocúpanse por atender as necesidades dos seus usuarios. 

A biblioteca está aberta a todo o alumnado e familias; é un piar fundamental ao servizo da comunidade educativa. 

Anímate e visita a nosa!!

 

FELIZ DÍA DAS BIBLIOTECAS!!

INSTALACIÓN E REXISTRO DE ABALARMOBIL: VIDEOTITORIAL

No seguinte vídeo poderás ver unha explicación para a instalación e rexistro da aplicación AbalarMobil

Benvida curso 2022-23

O próximo xoves 8 de setembro, VOLVEMOS AO COLE!

Xa case sen limitacións, volveremos aos horarios habituais: 9:25 a 14:25h, con unha única quenda de recreo, sen grupos burbulla, etc, etc.

Teremos unha reunión de inicio de curso o martes 20 de setembro onde vos concretaremos máis cousiñas.

BO COMEZO!!!

PROXECTO 3º TRIMESTRE

E fomos exploradores e exploradoras neste 3º trimestre! 

Que mellor época que a primavera para observar a natureza?
Neste trimestre o proxecto de ciencias o dedicamos aos seres vivos e ás persoas, atendendo ao corpo, aos hábitos saudables e a como nos agrupamos (familia/localidade).
Dentro dos seres vivos puxemos especial atención á especie dos animais invertebrados.
Comezamos o trimestre con charlas sobre o mundo das abellas e logo trouxemos formigas, caracois, bolboretas, vermes de seda... para observalos e aprender moito sobre eles.
Aproveitamos ás saídas á natureza para seguir observando e aprendendo de todos os animais e plantas que atopamos.
E por suposto aprendemos a respectalos e coidalos!

FESTA DE FIN DE CICLO DE ED. INFANTIL E GRADUACIÓN DE ED. PRIMARIA

A fin de curso tamén leva consigo ás veces a fin dunha etapa para comezar outra nova.

Isto é o que lles acontece aos nenos e nenas de 5 anos que rematan a etapa de Ed. Infantil e aos que queremos darlles a benvida á Ed. Primaria, e aos nosos mozos e mozas de 6º de Ed. Primaria que marchan ao instituto para comezar á ESO
Foron uns intres de compartir lembranzas e cariño mutuo moi emocionantes!

FESTIVAL FIN DE CURSO 21/22

E por fin chegou un das festas máis agardadas!

O festival de fin de curso!

Xa por fin as nais, os pais e demais familia puidestes gozar con nós da arte dos nosos alumnos e alumnas que nos deixaron coa boca aberta coma sempre!
Bravo! 
Queremos das as grazas ás mestras de música Lucía e Bibi por organizalo con tanto esforzo e cariño.

AUDIOCONTOS - BIBLIOTECA CREATIVA

O Equipo de Biblioteca ten o pracer de presentarnos a fermosa creación literaria do noso alumnado, froito da participación no programa de Innovación educativa "Bilioteca Creativa". Trátase de audiocontos, algúns de creación propia do alumnado e outros aos que lle puxeron imaxes e voz.

Desfrutade deles!!

A toupiña: https://youtu.be/l61QKn_cJhc

A cebra camila: https://youtu.be/94G-dAUeg8c 

Unha maldición mariña: https://youtu.be/q2QT3-4bDQg 

Unha árbore: https://youtu.be/jX79o2qUDG4 

Rá de tres ollos: https://youtu.be/wr06LMfEqlw 

Paxaro amarelo: https://youtu.be/6pa3xDms6io 

O monstro de cores: https://youtu.be/E5fjGgRz00Q 

Monstro rosa: https://youtu.be/tXr62HsG74E 

Capitana June: https://youtu.be/DZxnbDwT11k 

SOLICITUDE DE COLABORACIÓN NO COMEDOR ESCOLAR

ANUNCIO DE APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CENTRO CEIP PLURILINGÜE NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS, COMO COLABORADORES VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2022-2023. 

As nais, os pais, os/as titores/a legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado deste centro de ensino, que desexen, ao longo do curso 2022-203, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección. 

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2022, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2022. 

Durante o curso escolar 2022-2023 só se contará coa colaboración das persoas que figuren anotadas nestas listas.

No arquivo adxunto podedes descargar o modelo de solicitude para traer cuberto ao centro.

GAÑADORES CONCURSO OS BOLECHAS

Estamos moi felices de contarvos que gañamos un premio no concurso dos Bolechas do Día das Letras Galegas!

Distribuir contido